Día 23

 

XXXIII SEMANA INTERNACIONAL DE CINE DE AUTOR



 


18:00 h. Rolda de prensa con Antonio del Real e Marta Rivera – Fonmiñá (C.Arenal, 63)

O director da película “La Conjura de el Escorial” e a súa guionista lucense Marta Rivera

concederán unha rolda de prensa aberta ao público e aos medios de comunicación en Fonmiñá.

Antonio del Real, procedente de Jaén, é un artista español que traballou como actor de teatro, cine e

televisión e dirixiu, entre moitas outras longametraxes e series televisivas, “El río que nos lleva”,

premiado en dez festivais (Premio da Asamblea de Directores e Realizadores Cinematográficos e

Audiovisuais ao Mellor Director). “La Conjura de El Escorial” (2008) é un cambio total de rexistro

para este director de comedias, un thriller histórico e político ambientado no monasterio que mandou

contruír Felipe II no século XVI. En 2009, Antonio del Real recibiu o premio Miguel Picazo en

recoñecemento á súa traxectoria profesional por parte da Diputación Provincial de Jaén.

Marta Rivera de la Cruz naceu na nosa cidade amurallada en 1970. É periodista de profesión,

colabora habitualmente en columnas de diferentes medios de comunicación como El Progreso, no

El País Semanal” e participa no programa de radio “Al sur de la Semana” para a cadea Cope. Xa

coa súa primeira obra “Que veinte años no es nada”, gañou o Premio Ateneo Joven de Sevilla, para

máis tarde quedar finalista no Premio Planeta 2006 coa súa obra “En tiempo de prodigios”. En 2008,

Marta recibiu o Premio de Periodismo Puro polo Grupo de Empresas El Progreso e o Premio Anaya

de Literatura Infantil coa novela “La primera tarde después de Navidad”.


 


18:00 h. Ciclo Infantil: “El secreto de la última luna – Auditorio Gustavo Freire

Só María poderá salvar o mundo máxico do Val de Moonacre coa axuda de formidables animais

fantásticos. E só ten de marxe ata a próxima lúa para conseguilo!

El secreto de la última luna” foi dirixida polo húgaro Gabor Csupo, artista de animación coñecido

a nivel mundial, presidente e cofundador da compañía de animación independente Klasky Csupo

Studios, restaurador, músico fundador de dous selos discográficos e membro comprometido da

comunidade artística de Los Ángeles.


18:15 h. Actuacións do grupo de teatro Achádego – Praza Maior, rúa San Marcos e rúa Raiña

O gordo e o fraco moverán as cadeiras para o público...E con el!


19:30 h. Homenaxe a Marta Rivera de la Cruz: “La Conjura del Escoria” – Caixa Galicia

A prestixiosa escritora lucense Marta Rivera, escribiu o guión dunha longametraxe que nos

transportará ao século XVI, na corte de Felipe II. O seu guión narra o asesinato de Juan de Escobedo,

emisario de Juan de Austria, o irmán de Felipe II e gobernador dos Países Baixos, a causa da loita

entre a Casa Alba e a Casa dos Mendoza por conseguir o favor real.


 


20:00 h. Homenaxe a Antonio Casal: “Camarote de lujo– Deputación Provincial

Camarote de lujo”, dirixida por Rafael Gil, será a última longametraxe do ciclo dedicado a Antonio

Casal nesta edición da SICA. Esta vez o actor galego interpretará a Aurelio Romay, mozo humilde

que abandona a súa aldea para traballar na Coruña. O seu xefe Fabián Mouriz, propietario dunha

consignataria de barcos, abusa de traballadores desexosos por emigrar ás Américas e que fan todo o

posible a cambio de que este axilice os trámites. Pero Mouriz non é legal e Romay terá que axudar a

Juan Cadaval, cuxos papeis en regra son vendidos para que outro viaxe á Arxentina no seu sitio.


20:00 h. Ciclo “Y para comer, Lugo”: “Fuera de carta – Biblioteca Provincial

Maxi é o exitoso propietario e xefe de cociña da “Xantarella”, un restaurante de alta cociña no

madrileño barrio de Chueca que está a piques de gañar unha estrela Michelín. Esta cómoda situación

cambiará cando teña que facerse cargo dos seus fillos, cuxa nai acaba de falecer, e que son froito

dun matrimonio que finalizou cando este se decidiu a saír do armario. “Fuera de carta” é a primeira

película de Nacho G. Velilla, o guionista da coñecida serie “Médico de Familia” e o director e

guionista de “7 Vidas” e “Aída”. Como poden comprobar, risas aseguradas!


20:30 h. O mellor do ano: “Lola– Auditorio Gustavo Freire

Esta longametraxe formou parte da Sección Oficial do Festival de Cine de Venecia e foi gañadora da

Lady Harimaguada de Ouro á mellor película, o premio ás mellores actrices para Anita Linda e

Rustica Carpio e o premio ao mellor director de fotografía no Festival de Cine das Palmas. O filipino

Brillante Mendoza dirixe “Lola”, que narra o enfrontamento de dúas avoas pobres capaces de facer

calquera cousa con tal de conseguir o mellor para os seus netos. Mataron ao neto da Abuela

Sepa para roubarlle o móbil e ela está disposta a pedir un préstamo ao banco para darlle un enterro

digno e que se faga xustiza. A Abuela Puring está decidida a sacar ao seu neto Mateo do cárcere,

aínda que o acusen de ter matado sen razón ao neto da Abuela Sepa.


22:30 h. Actuación do grupo de teatro Achádego – Auditorio Gustavo Freire

Na entrada do Auditorio desencaixaranse as cadeiras con Stanley e Oli…De seguro!


 


22:45 h. Sección Curta + Sección Oficial – Auditorio Gustavo Freire

Esta noite estarán con nós o director Antonio del Real e a escritora lucense Marta Rivera de la Cruz,

que subirán ao estrado para saudar ao público lucense.

Primeiramente, proxectaranse as curtametraxes Dum Dum” e “Campos de Luz”, dirixidas e escritas

por María Casal. A continuación, poderemos gozar da penúltima película que participa no concurso

por votación popular da Sección Oficial:la mujer con la nariz rota”, unha moza que viaxa co seu

bebé nun taxi que queda atrapado nun atasco e que de súpeto sae do automóvil e decide tirarse

da ponte. Este intento de suicidio conectará as vidas das tres testemuñas ben diferentes. O filme, que

participou en numerosos festivais internacionais de cine, foi dirixido polo serbio Srdjan Koljevic,

autor da longametraxe “Apsolutnih sto”.

 

 


 

Alma Sánchez

Xefa de Prensa

XXXIII Semana Internacional de Cine de Autor