PRESENTADA A XXXII SEMANA INTERNACIONAL DE CINE DE AUTOR DE LUGO

Fecha: 
Vie, 10/09/2010

Nun acto celebrado esta mañán na Deputación Provincial de Lugo, foi presentada presentacionoficialmente a Semana Internacional de Cine de Autor de Lugo, na súa edición númrero XXXII. A primeira semana celebrouse en 1979, e desde entón o outono lucense ten como singular punto de referencia cadansúa Semana de Cine de Autor.

 

 


A semana está organizada polo Grupo Fotocinematográfico Fonmiñá, cos patrocinios ou apoios de Deputación Provincial de Lugo (Vicepresidencia 1ª), Concello de Lugo, Xunta de Galicia, Xacobeo, Caixa Galicia, Universidade de Santiago-Campus de Lugo, Colexio de Arquitectos, e a plataforma en internet Galicia Digital
 presentación semana de cine-2
Actuación de Achádego
    O acto de presentación comezou cunha representación do grupo de teatro Achádego, colaborador da Semana, que na explanada diante da Deputación efectuou unha posta en escea orixinal do propio grupo relativa ó impacto dunha producción cinematográfica de Hollywood na capital lucenses, na que se reflicte a revolución causada por esta película nos diversos estamentos cidadáns lucenses.
    Tradicionalmente, Achádego colabora coa Semana, xa creando pequenas obras con referencias cinematográficas para o momento da presentación, xa caracterizando personaxes da historia do cine que, paseando pola capital lucense, difunden a Semana de Cine e o cine mesmo.                                                                                 .presentación semana de cine-3
 
Presentación oficial
    Seguidamente, no salón de actos da Deputación Provincial presentouse a Semana nun acto no que interviu Antón Bao (Vicepresidente 1º da Deputacióh), como anfitrión, estando presentes Nuria Mundiña, Concelleira de Cultura, en representación do Concello de Lugo; Marta Barreiro Castro, Xefa territorial de Presidencia, en representación da Xunta de Galicia e o Xacobeo; Sinesio Pérez, Director en Lugo da Fundación Caixa Galicia; e Pedro García Herradón, Vicerreitor e Pablo Ramil, director do Ibader, en representación da Universidade. Polo grupo organizador interviñeron Manuel Curiel Fernández, Director da Semana de Cine, e Xulio Xiz, Presidente do grupo Fotocinematográfico Fonmiñá.
   presentación semana de cine-4