PRESENTADA A XXXIV SEMANA DE CINE DE LUGO

Fecha: 
Jue, 06/09/2012

Nun acto celebrado esta mañá no salón de actos da Deputación Provincial de Lugo, foi presentada a XXXIV edición da SEMANA INTERNACIONAL DE CINE DE AUTOR, que organiza o Grupo Fotocinematográfico Fonmiñá.

 

 

 

 


 

No exterior da Deputación situouse o furgón que anunciará a Semana,  rotulado co cartel anunciador e publicidade desta celebración, e o grupo de teatro Achádego puxo en escea unha creación teatral na que o cineasta Garci efectuaba un casting de actores para este evento cinematográfico.Grupo Achadego, semana  de cine de Lugo
Este grupo efectuará diversas montaxes relacionadas co cine no decurso dab Semana.

Xa no interior do edificio efectuaron a presentación o deputado Mario Outeiro, pola Deputación; Antón Bao, primeiro Tenente de Alcalde polo Concello de Lugo, José Carlos Andina, Xefe provincial de Cultura pola Xunta de Galicia; María José Fernández, pola Fundación Caixa Galicia, e os membros de Fonmiñá Manuel Curiel (Director da semana de cine) e Xulio Xiz
(Pesidente do Grupo).

A Semana, que se celebrará do 17 ao 22 do presente mes, comprende a proxección de trinta e catro películas e corenta curtametraxes, cun presuposto de arredor de 85.000€.

Na programación figuran os habituais CICLO INFANTIL, O MELLOR DO ANO, SECCIÓN OFICIAL LONGAMETRAXES, SECCIÓN OFICIAL CURTAS, e ciclos especiais dedicados a CINE E RADIO, Y PARA COMER LUGO e Homenaxe ao actor betanceiro RICARDO NUÑEZ. A sede oficial da Semana é o Auditorio municipal Gustavo Freire, pero tamén se efectuarán proxeccións na Biblioteca Provincial, Museo Provincial e Vicerreitorado da Universidade.

Con motivo do ciclo CINE E RADIO, tres profesionais lucenses pronunciarán cadansúa conferencia sobre as súas experiencias radiofónicas: PACO NIETO, CHEMA LOPEZ LOSADA e TONINA GAY. E, no traballo emprendido hai xa anos por Fonmiñá, de rescatar figuras esquecidas do cine relacionado con Galicia, editarase un libro homenaxe ao actor RICARDO NUÑEZ -que tamén serán presentado en A Coruña e Betanzos-, proxectarase un ciclo de películas e na sala do Museo Provincial abrirase unha exposición sobre a súa vida e obra.XXXIV SEMANA DE CINE DE LUGO
Así mesmo, con motivo da semana, inaugurarase na Biblioteca Provincial de Lugo unha mostra antoloxíca de fotografías de Toñi Fernández Ónega, socio de Fonmiñá recentemente falecida.

XXXIV edición da SEMANA INTERNACIONAL DE CINE DE AUTOR, que organiza o Grupo Fotocinematográfico Fonmiñá, coa colaboración da Deputación Provincial de Lugo, Concello de Lugo, Xunta de Galicia, Universidade de Santiago-Campus de Lugo, Fundación Caixa Galicia, Galicia Digital e a Deputación Provincial da Coruña.

 

 

Galería de fotos (autor, Carlos Rodríguez)