AVIÓN, EL PUEBLO AUSENTE


Sección: 
Sección Oficial
Día e hora: 
Luns, 16 Setembro, 2013 - 22:45
Lugar: 
Auditorio Gustavo Freire
País: 
España e México
Ano: 
2012
Duración: 
88 minutos
Director/a: 
María Hervera y Marcos Hervera
Producción: 
Filmanova S.L, 14Pies S.L., TVE - Productores ejecutivos: Antón Reixa e Sara Rollón
Guión: 
María Hervera
Montaxe: 
Marcos Hervera
Música: 
Alejandro Salgueiro y Marcos Paino
Sonido: 
Juan Gay y René Morales
Fotografía: 
Jaime Pérez
Outros datos de interés:

Sección Oficial - FICG Festival Internacional de Cine en Guadalajara (México)

Nominado como Mellor Documental nos premios da Academia Galega do Audiovisual, Mestre Mateo 2013

OUFF Festival internacional de Cine de Ourense 2012.

Ciclo CINEUROPA, Santiago de Compostela.

Festival Internacional de Cine Etnográfico Espiello, Huesca.

Sinopsis:

O municipio ourensán de Avión, un conxunto de aldeas diseminadas entre montañas marcado no pasado pola miseria e o éxodo masivo, é hoxe emblema do triunfo económico da emigración galega a América. A maioría dos mozos de Avión tiveron que abandonar un día a súa terra en busca dun futuro mellor. Moitos encontrárono en México e hoxe regresan co obxectivo cumprido con creces. Pero tras esa apariencia de éxito, tralos coches de luxo e as mansións levantadas sobre as ruinas do pasado, escóndese a dor. Unha dor de despedidas constantes, familias rotas e un profundo sentimento de morriña que parece non ter fin.

María Hervera (Lugo, 1972). Estuda xornalismo na UCM e realiza diferentes cursos de guión na Complutense, ECAM, SGAE e Ars-Media. Traballa como xornalisa, documentalista e transcritora de guión para distintas produtoras antes de firmar o seu primeiro guión como autora. Argumentista e coguionista de Garbo, el espía (El hombre que salvó el mundo), coa que obtivo o premio Gaudí da Acadèmia do Cinema Catalá a Mellor Guión e o premio ALMA do Sindicato de Guionistas a Mellor Guión Documental. A película, dirixida por Edmón Roch, conseguiu tamén o Goya e o Gaudí, ambos na categoría de Mellor Longametraxe Documental e foi seleccionada en diversos festivais en todo o mundo, obtendo distintas mencións e alzándose co Giraldillo de Ouro no Festival de Cine Europeo de Sevilla e o Variety Critic´s Choice no Festival de Cine de Karlovy Vary.

Marcos Hervera (Lugo, 1976). Licenciado en Comunicación Audiovisual na UCM. Cursa a especialidade de Montaxe Cinematográfica na ECAM. Socio fundador da produtora 14Pies Audiovisual en 2002, coa que produciu numerosas curtametraxes, documentais e dúas longametraxes de ficción, 199 recetas para ser feliz (Andrés Waissbluth) e La mitad de Óscar (Manuel Martín Cuenca). Como realizador e editor de televisión colabora con distintas cadenas nacionais. Montador de numerosas curtametraxes e das longametraxes de ficción: 199 recetas para ser feliz e El regreso de Alicia. Director do documental Europa25 para History Channel. Director de fotografía de Cambio de sentido, longametraxe para La Noche Temática de TVE2.