CANINO


Sección: 
Sección Oficial
Día e hora: 
Sábado, 24 Setembro, 2011 - 22:45
Lugar: 
Auditorio Gustavo Freire
Título Orixinal : 
Kynodontas
País: 
Grecia
Ano: 
2010
Duración: 
94 minutos
Género: 
Drama
Director/a: 
Giorgos Lanthimos
Guión: 
Efthymis Filippou
Montaxe: 
Yorgos Mavropsaridis
Música: 
Varios
Fotografía: 
Thimios Bakatatakis
Reparto: 
Cristos Stergioglou
Reparto: 
Michelle Valley
Reparto: 
Aggeliki Papoulia
Reparto: 
Mary Tsoni
Reparto: 
Cristos Passalis
Outros datos de interés:

Conseguiu o premio “Una cierta mirada” do Festival de Cine de Cannes.

Presentouse no Festival de Cine de Sitges, onde conseguiu o premio Ciudadano Kane ao mellor director revelación e o “Premio del Jurado Joven”.

Sinopsis:

Un pai, unha nai e os seus tres fillos viven ás aforas dunha cidade. A súa casa está rodeada por un alto muro. Os nenos nunca saíron de alí. A súa educación, as súas afeccións, diversións, o seu aburrimento, o seu estado físico... todo se axusta ao modelo imposto polos pais, sen ningunha pegada do mundo exterior. Eles cren que os avións que voan polo ceo son xoguetes e que os zombis son pequenas flores amarelas. A única persoa con permiso para entrar na casa é Cristina, garda de seguridade da empresa do pai, que visita a casa para calmar os desexos sexuais do fillo. Cristina cae ben a toda a familia, especialmente á filla maior. Pero a felicidade da familia verase perturbada: un día Cristina regálalle unha cinta de vídeo a unha das fillas e pídelle algo a cambio. 

Dirixe Giorgos Lanthimos (Atenas, Grecia, 1973) que estudou Dirección de Cine e Televisión na Escola de Cine Stavrakos desa mesma cidade. Nos anos noventa empezou a súa carreira profesional dirixindo unha serie de vídeos para diferentes compañías de danza teatral. Desde 1995 ten dirixido películas, obras de teatro, vídeos musicais e un gran número de anuncios televisivos. En 2001 dirixiu a curtametraxe Uranisco Disco e en 2005 a película Kinetta, un drama experimental que se estreou na Sección Forum do Festival de Cine de Berlín 2006. Yorgos Lanthimos foi un dos membros do equipo creativo que deseñou as cerimonias de apertura e clausura dos Xogos Olímpicos de Atenas de 2004.