Ella, una joven china


Sección: 
A Muller Protagonista
Día e hora: 
Martes, 28 Setembro, 2010 - 20:30
Lugar: 
Auditorio Gustavo Freire
Idioma: 
Castelán
Título Orixinal : 
She, a chinese
País: 
Reino Unido
Ano: 
2010
Duración: 
98 minutos
Director/a: 
Xiaolu Guo
Guión: 
Xiaolu Guo
Montaxe: 
Andrew Bird
Música: 
John Parish
Fotografía: 
Zillah Bowes
Reparto: 
Huang Lu
Reparto: 
Wei Yi Bo
Reparto: 
Geoffrey Hutchings
Reparto: 
Chris Ryman
Reparto: 
Zhang Lali
Reparto: 
Li Yiri
Reparto: 
Wu Leiming
Reparto: 
Zhou Chicheng
Reparto: 
Fu Quiang
Outros datos de interés:

Gañador do Golden Leopard á mellor película no último Festival de Locarno.

Sinopsis:

Mei é unha moza china que decide abandonar a súa monótona vida nun pobo polo movemento de Chongqing, a cidade máis próxima. Pero nada sae como esperaba. Despois de ser despedida da fábrica onde traballa, namórase de Spikey, un asasino a soldo cuxo pasado non tarda en pasarlle factura. Sen pensalo dúas veces, marcha a Londres, onde casa cun home maior, o Sr. Hunt. Empeza unha nova vida para Mei, que agora se atopa atrapada no silencio dunha casa inglesa, aburrida e totalmente afastada do que a rodea. Frustrada pola súa vida co Sr. Hunt, un día coñece a Rachid, un emigrante indio dono dun pequeno restaurante de comida para levar.

Xiaolu Guo, nacida en 1973 en China, é realizadora e novelista. Comezou a publicar poesías cando tiña 14 anos e publicou sete libros A Muller Protagonista desde que se graduou da Academia de Cine de Beijing. Ganou o Premio Nacional de Cine do seu país ao mellor guión pola súa primeira película, Love in the Internet Ange (1999). Tamén dirixiu as longametraxes How Is Your Fish Today? (2006) e Welcome to Wonderland (2008).

Xiaolu Guo planea (e logra) a súa obra máis ambiciosa –apoiada na interpretación de Lu Huang, a música de John Parish e a inspirada fotografía de Zillah Bowes–, a historia da vida dunha moza china, sempre ao borde da melancolía e a angustia, sen abandonar xamais a súa mirada cara á realidade do mundo que a rodea. Un mundo cheo de música e cores e, aínda así,  terriblemente triste.