ENCADENADOS


Sección: 
Sección Oficial
Día e hora: 
Martes, 19 Setembro, 2017 - 22:45
Lugar: 
Auditorio Gustavo Freire
País: 
Perú
Ano: 
2014
Duración: 
87 minutos
Director/a: 
Miguel Barreda
Reparto: 
Lorena Pamo, John Quispe, Melania Urbina y Miguel Iza
Sinopsis:

Dez personaxes. Dez historias. Dez monólogos: Xulia pídelle a Ramiro que a perdoe por traizoalo e así poder comezar unha nova vida coa conciencia tranquila. Ramiro traballa como taxista. Vive resentido e furioso consigo mesmo. Recolle a Natalia e na súa mente nace o desexo de violala. Natalia, unha moza que veu hai pouco de Lima a Arequipa, recibe unha grave noticia. Por teléfono, intenta reconciliarse coa súa nai e rompe a súa relación con Vicente, un xogador que acaba de perder o seu emprego. Trala chamada de Natalia, Vicente pasa todo o día no hipódromo  nun casino ata quedar sen diñeiro. Desesperado, busca ao seu amigo Gino, un narcotraficante de pouca monta que quere expandir o seu negocio ao estranxeiro. Gino garda as drogas que vende no hotel onde vive dona Clarita, unha anciá alcohólica abandonada polos seus parentes e encerrada nos seus recordos. Artemio, o conserxe do hotel, cuídaa pois vive namorado dela desde que se coñeceron cando eran nenos na facenda do pai de dona Clarita. Artemio vai unha vez por semana a manter o xardín de Patricio, un próspero enxeñeiro. Pero Patricio non lle permite a Artemio entrar á súa residencia, pois está torturando no garaxe a un suxeito que intentou secuestrar os seus fillos a noite anterior. Patricio chama a Susana, a súa asistente, para que colla o día. Susana, unha nai de familia cariñosa e algún complexo, dáse conta de que non sabe que facer co seu tempo libre. Tomás, o seu esposo, é un home que aparenta ter unha grande seguridade en si mesmo; pero ao recibir unha mensaxe antes de saír a traballar, desvía o seu camiño cara o departamento de Xulia, o seu amante. Alí descubriraos Ramiro.