Conseguiu a Concha de Ouro no Festival de Cine de San Sebastián, así como o premio á mellor fotografía
China, decembro de 1937. O país está en guerra con Xapón. Beijing e Shanghai xa caeron. As tropas xaponesas chegan ás portas de Nanking, a capital. Despois de semanas de bombardeos, os oficiais locais e estranxeiros fuxiron da cidade en ruínas. Lu, un carismático xeral chino, proponse firmemente botar ao inimigo e lidera os seus homes na defensa da capital. Quédalles pouca munición e están chegando os tanques xaponeses. Pero eles néganse a abandonar a cidade. O Sr. Tang é cautelosamente optimista. El e a súa familia son conducidos á zona de Seguridade Internacional, onde un crecente número de chinos atopan refuxio. Baixo o mando dun pequeno grupo de estranxeiros que quedaron na cidade, a zona converteuse nun auténtico campo de refuxiados. A Sra, Jiang, unha moza profesora china cun forte sentido da axuda, coordina a vida neste lugar cheo de xente, tratando de protexer a tantas persoas como poida. Os xaponeses estanse apropiando da cidade e instalando as súas tropas. Comeza a ocupación de Nanking. Kadokawa, un silencioso e romántico soldado xaponés, observa a brutalidade da guerra, incapaz de impedir as súas accións. Nanking estase convertendo nun inferno. Todos se esforzan en sobrevivir nunha cidade onde a morte é máis fácil ca vida.
Dirixe Lu Chuan (Xinjiang, China, 1971), licenciado na Academia de Cine de Beijing, que comezou a súa carreira como guionista de series de televisión. O seu debut como director de cine chégalle en 2001 con Missing Gun. O seu seguinte traballo foi Kekexili, Mountain Patrol en 2004, e desde o ano 2005 leva traballando nesta terceira película.