La guerra gaucha


Sección: 
Enrique Muiño
Día e hora: 
Mércores, 29 Setembro, 2010 - 20:00
Lugar: 
Deputación Provincial
Título Orixinal : 
La guerra gaucha
País: 
Arxentina
Ano: 
1942
Duración: 
95 minutos
Director/a: 
Lucas Demare
Guión: 
Hulises Petit de Murat y Homero Manzi (basado en el libro de Leopoldo Lugones)
Montaxe: 
Carlos Rinaldi
Música: 
Lucio Demare
Fotografía: 
Bob Roberts
Reparto: 
Enrique Muiño
Reparto: 
Francisco Petrone
Reparto: 
Ángel Magaña
Reparto: 
Sebastián Chiola
Reparto: 
Amelia Bence
Reparto: 
Ricardo Galache
Reparto: 
Elvira Quiroga
Outros datos de interés:

V.O. con subtítulos en galego

Sinopsis:

Durante moito tempo foi considerada a película máis exitosa da Arxentina. E case setenta anos despois do seu estreo, segue sendo un importante referente, o que lle da a categoría do mejor clásico arxentino.

O que ten de impresionante esta película, non é só o seu pretensioso despregue de produción, senón que, pese a isto, foi realizada por unha compañía de cine que non posuía estudios propios, nin contaba con ningunha infraestrutura, tanto económica como administrativa. O único capital co que contaba era o renome dos integrantes da compañía.

Artistas Argentinos Asociados decidira que esta película debía ser a súa obra inicial, pero por inconvenientes tiveron que poñer en marcha outro proxecto. Eles estaban convencidos de que a propia historia ten moito material que o cine pode utilizar para contar. Logo dun profundo estudio, decidíronse que os episodios da Guerra da Independencia levados a cabo polos gauchos de Güemes era o tema que buscaban. Baseáronse nos escritos do importante escritor Leopoldo Lugones, que narraban diferentes episodios daqueles acontecementos. Compraron os dereitos do libro a un dos herdeiros, un fillo policía de alto rango, que non se viu moi interesado no tema e vendeuno por pouco diñeiro. O exótico é que tamén esixiu que se lle entregara un disco de jazz que non se conseguía no país.

Logo os talentosos escritores e poetas Homero Manzi e Ulises Petit de Murat encargáronse dun difícil guión.

A rodaxe levouse a cabo no mesmo lugar dos feitos, a linda provincia de Salta, ao norte do territorio, limítrofe co que foi o Alto Per no seu momento.

A produción demandaba un pretensioso presuposto, xa que a historia se centraba a principios de 1800 e, ademais diso,  debían filmar episodios bélicos.

Os mozos das tres A encargáronse de darlle moitas voltas ao asunto para poder realizalo. Contaron co apoio do goberno nacional e de particulares da provincia de Salta. O entusiasmo e anhelos de realizar unha boa obra fixo que gastaran de máis e á metade da rodaxe quedáronse sen cartos. Pero con esas mesmas ansias, déronlle máis voltas e lograron finalizar  un excelente filme.