La nana


Sección: 
A Muller Protagonista
Día e hora: 
Xoves, 30 Setembro, 2010 - 20:00
Lugar: 
Auditorio Gustavo Freire
Idioma: 
Castellano
Título Orixinal : 
La nana
País: 
Chile
Ano: 
2009
Duración: 
95 minutos
Director/a: 
Sebastián Silva
Guión: 
Sebastian Silva, Pedro Peirano
Montaxe: 
Danielle Filliois
Fotografía: 
Sergio Armstrong
Reparto: 
Catalina Saavedra
Reparto: 
Claudia Celedón
Reparto: 
Alejandro Goic
Reparto: 
Andrea García-Huidobro
Reparto: 
Mariana Loyola
Reparto: 
Agustin Silva
Reparto: 
Darok Orellana
Reparto: 
Sebastian La Rivera
Reparto: 
Mercedes Villanueva
Reparto: 
Anita Reeves
Outros datos de interés:

Conseguiu o Gran Premio do Xurado e un premio especial para a actriz Catalina Saavedra no Festival de Cine de Sundance.

Levou o Colón de Ouro á mellor película no Festival de Cine Iberoamericano de Huelva e o Colón de Prata á mellor actriz (Catalina Saavedra) e ao mellor director.

Segundo Premio Gran Coral e tamén o de mellor actriz para Catalina Saavedra no Festival de Cine da Habana.

 
Tráiler "La nana"

Sinopsis:

Raquel, unha muller agrea e introvertida, leva 23 anos traballando de nana para os Valdés, unha familia numerosa de clase alta. Pilar, a súa patroa, contrata a outra nana para axudala. Raquel sente perigar o seu lugar na familia e afasta á acabada de chegar con crueis maltratos psicolóxicos. A historia repítese unha e outra vez ata que chega Lucy, unha alegre muller de provincias, que logra penetrar a coiraza de Raquel e cambiar a súa forma de ver a vida.

É a segunda longametraxe dirixida por Sebastián Silva (Santiago, Chile, 1979) tras La vida me mata (2007). Silva é un artista polifacético cuxa obra inclúe a pintura, a ilustración e a música popular. Despois de estudar nun colexio católico, estudou Cinematografía na Escola de Cine de Chile durante un ano. Deixou os estudos para trasladarse a Montreal e estudar A Muller Protagonista Animación, pero acabou vendendo zapatos. Ese mesmo ano celebrouse a primeira exposición das súas ilustracións e creou un grupo chamado CHC (co que gravou tres discos). Durante a segunda exposición das súas ilustracións, alguén o convenceu para que fora ver a Spielberg e lle vendera un proxecto. Voou a Hollywood pero a viaxe foi un fracaso. Ao seu regreso, empezou dous novos proxectos musicais, Yaia e Los Mono. Este último grupo foi distribuído por Sonic 360 e as súas gravacións distribuíronse en Estados Unidos e no Reino Unido. Volveu expoñer os seus debuxos en Nova York. Durante a súa estancia na Gran Mazá, aproveitou para escribir, con Pedro Peirano, o guión de La vida me mata, a súa primeira longametraxe. Á súa volta a Chile, gravou un álbum en solitario e produciu a cinta coa produtora Fábula. Despois desta película, escribiu un guión acerca da súa viaxe a Hollywood.