Festival de Cine Asturiano, 2013: Mellor Película, Mellor Actriz (Olga Montero) e Mellor Actor (David S. Cabal)
Dúas presas, Conchi, unha xitana de carácter, e Jenny, unha colombiana encarcerada por traficar con drogas, fanse amigas inseparables no cárcere. Todo se complica cando a colombiana sae de prisión.
Por primeira vez na historia da prisión, un equipo de rodaxe accedeu ao interior e logrou que un grupo de reclusas atrapara a sensación de liberdade sin saír do recinto. As presas sentíronse moi implicadas en transmitir dinamismo e credibilidade á historia, expresando con naturalidade os seus sentimentos, a partir dun guión elaborado coas ideas que elas aportaban e que, dadas as súas dotes para a improvisación, renovábase continuamente.
Tras realizar numerosos estudos sobre cinematografía, guión, produción, etc., Ángeles Muñiz traballa como guionista e realizadora en televisión, e fai audiovisuais industriais, publicidade e ficción. Na súa filmografía destacan as curtas Propiedad privada, nominada aos premios Goya 2006, Lo que necesites selo yo (2000) e Quiero la lluna (1998). En 2007 dirixe o documental Jaime Herrero… pinta de escritor, e codirixe a curtametraxe Dany’s Blues, con Teresa Marcos, con quen crea a produtora audiovisual De Souna.
Teresa Marcos, licenciada en Ciencias da Información pola Universidade Autónoma de Barcelona, escribiu e dirixiu as curtametraxes Se paga al acto, Lencería de ocasión e Por estar contigo. As dúas primeiras foron nominadas nos premios Goya como mellor curtametraxe de ficción en 1994 e 1999 respectivamente. É socia fundadora da Asociación de Realizadores e Directores de Asturias (ARDA) e membro da Academia das Artes e as Ciencias Cinematográficas de España.