Rómulo y Remo


Sección: 
Lugo 10 - Cine Peplum
Día e hora: 
Martes, 28 Setembro, 2010 - 18:00
Lugar: 
Biblioteca Provincial
Idioma: 
Castelán
Título Orixinal : 
Romolo e Remo
País: 
Italia
Ano: 
1961
Duración: 
110 minutos
Director/a: 
Sergio Corbucci
Guión: 
Ennio Corbucci, Sergio Martino, Luciano de Concini, Franco Leone, Sergio Tessari, Duccio Rossetti
Música: 
Piero Piccioni
Fotografía: 
Dario Barboni, Enzo di Palma
Reparto: 
Massimo Girotti
Reparto: 
Steve Reeves
Reparto: 
Jacques Sernas
Reparto: 
Franco Balducci
Reparto: 
Virna Lisi
Sinopsis:

Rómulo e Remo, descoñecendo a súa orixe, viven sendo pastores e ladróns nos territorios de Albalonga, gobernada por Amulo. Cando polo moribundo Faustolo, o pastor que os criou, saben que o seu nacemento está envolto no misterio, o ánimo de Remo enchese de ambición e soberbia. Á cabeza de xente numerosa e guerreira, os dous xemelgos asaltan e incendian Albalonga. Rómulo rapta a Julia, a filla do rei dos Sabinos, Tito Tazio, e foxe, seguido por homes armados do rei. As discrepancias entre Rómulo e Remo agudízanse ata tal punto que provocan unha definitiva fractura entre os dous. Remo, cos seus secuaces, busca pola súa conta o vaticinado “Valle de las Siete Colinas”, pero sálvase por milagre dunha erupción volcánica que provoca a morte de todos os seus compañeiros. Rómulo, pola súa parte, enfróntase validamente e rexeita o ataque dos soldados de Tito Tazio. Julia, que entre tanto tivo a ocasión de apreciar as dotes de sabedoría e equilibrio de Rómulo, intercede ante o seu pai e a paz entre os dous lévase a cabo. Cando Rómulo trazou xa o suco que marcará os lindeiros da nova cidade, chega Remo, insolente e ameazador.