STARSKY E HUTCH


Sección: 
Galas da Semana: Especial Daniel Soul e Alzheimer
Día e hora: 
Domingo, 18 Setembro, 2011 - 18:00
Lugar: 
Auditorio Gustavo Freire
Idioma: 
Castelán
Título Orixinal : 
STARSKY & HUTCH
País: 
EEUU
Duración: 
60 minutos
Género: 
Acción
Director/a: 
Jack Starrett I.
Producción: 
Aaron Spelling e Leonard Goldberg.
Reparto: 
David Soul
Reparto: 
Paul Michael Glaser
Reparto: 
Kristy McNichol
Outros datos de interés:

Idea orixinal: William Blinn.

Ano: 1975/1979

Sinopsis:

Starsky e Hutch é unha serie de televisión estadounidense dos anos 70 que consiste en 92 episodios regulares de 48 minutos e un episodio piloto de 90 minutos de duración, creada por William Blinn e equipo entre o 30 de abril de 1975 e o 15 de maio de 1979 na cadea ABC. Foi dirixida por Jack Starrett, baixo o nome de Claude Ennis Starrett Jr, que logo dirixiu Los Dukes de Hazzard (1979), unha serie dalgunha forma similar. Os protagonistas eran dous policías californianos, o moreno e forte David Starsky e o rubio Kenneth “Hutch” Hutchinson, un tipo de policía máis intelectual. Eran coñecidos por manexar un veloz e distintivo Ford Torino, pintado de vermello cunha longa franxa branca.

O capítulo que veremos da serie leva por título A neniña perdida e nel a parella de detectives coñece a Molly (estrela invitada Kristy McNichol), unha nena que vive co seu pai, recentemente saído do cárcere e agora alcohólico. Cando o pai de Molly é asasinado polos seus antigos cómplices por causa duns diamantes roubados, Hutch acaba levándoa á súa casa por Nadal, pero agora os delincuentes van por ela.