TODOS VÓS SODES CAPITÁNS


Sección: 
Sección Oficial
Día e hora: 
Luns, 19 Setembro, 2011 - 22:45
Lugar: 
Auditorio Gustavo Freire
Título Orixinal : 
Todos vós sodes capitáns
País: 
España
Ano: 
2010
Duración: 
80 minutos
Género: 
Documental
Director/a: 
Oliver Laxe
Producción: 
Zeitum Films
Guión: 
Oliver Laxe
Montaxe: 
Facial Algandouzi
Música: 
Varios
Fotografía: 
Inés Thomsen
Reparto: 
Shakib Ben Omar
Reparto: 
Nabil Dourgal
Reparto: 
Mohamed Bablouh
Reparto: 
Said Targhzaou
Reparto: 
Asharaf Dourgal
Reparto: 
Mohamed Selushi
Reparto: 
Redouan Negadi
Outros datos de interés:

Quinzaine des Réalisateurs – Cannes (Francia); Premio FIPRESCI: Filmfest Munich (Alemaña); Calgary International Film Festival (Canadá); Vancouver International Film Festival (Canadá); Festival du Nouveau Cinéma de Montréal (Canadá); Festival Internacional de Cine de Valdivia (Chile); Mostra Internacional de Cinema de São Paulo (Brasil); JCC Carthage Film Festival (Tunes); CPH: Dox Copenhagen International Documentary Film Festival (Dinamarca); Minsk International Film Festival (Bielorrusia); Diploma especial «For the Dance with Reality»; Festival Internacional de Cine de Mar del Plata (Arxentina); Premio Signis; Festival Internacional de Cine de Xixón, Premio del Jurado Joven; Cineuropa Santiago de Compostela, Premio Cineuropa; DocsBarcelona, Premio Nou Talent; If Istanbul FF (Turquía); Spirit of Fire (Siberia, Rusia); FICUNAM (México); True-False (Columbia, Estados Unidos); Play-doc (Tui, España), Premio mejor película; Festival Cinemateca Uruguaia (Uruguai), Premio mellor película (sección Iberoamericana); Jeonju International Film Festival (Corea do Sur); Festival Europeo de Cine Invisible (España), Premio mellor película; REC Tarragona (España); Indie Lisboa (Portugal); Planet Doc Film Festival (Polonia); EDOC Ecuador; Migrating Forms Film Festival (Anthology Film Archives, New York - Estados Unidos); Festival de Cine de Huesca; Millenium International Documentary Film Festival (Bruxelas, Bélxica); Festival de Cine Africano de Tarifa e Semana Internacional de Cine de Autor de Lugo (España).

Sinopsis:

Un mozo cineasta europeo realiza unha película con menores acollidos nun centro en Tánxer, Marrocos. Durante a rodaxe, os heterodoxos métodos de traballo do director desgastarán a súa relación cos propios nenos, ata o punto de transformar por completo o desenvolvemento do proxecto.

Fillo de emigrantes galegos, Oliver Laxe (París, 1982), estudou cine e realización na Universidade Pompeu Fabra. Desde hai catro anos reside en Tánxer, onde creou e desenvolveu “Dao Byed”, un obradoiro de creación cinematográfica en 16 mm con nenos.

Desta experiencia naceu a súa primeira longametraxe Todos vós sodes capitáns. En 2007, Oliver Laxe decidiu trasladarse a vivir a Marrocos en busca, segundo as súas propias palabras, dunha maior comuñón coa vida, e tratando de atopar inspiración artística na xenerosidade, sensualidade e tamén na crueldade da cidade de Tánxer. Ao pouco da súa chegada, puxo en marcha un taller de creación audiovisual para nenos problemáticos, co que traballou durante un tempo con cámaras de 16 mm. e revelando as películas ao modo tradicional.

A película nace durante este período e recolle o seu traballo cos pequenos, aos que Oliver acompaña mentres filman todo aquilo que lles chama a atención. Pero, nun momento dado, os pouco ortodoxos métodos de aprendizaxe empregados fan que a súa relación cos nenos se cambalee ata desintegrarse. O director vese apartado entón do obradoiro, de modo que futuro das filmacións quedará completamente a mercé da vontade dos pequenos.