Saúda

XXXIV
Semana de Cine de Lugo

Como un preludio do outono, chega esta choiva maina, benéfica, de cine sobre a capital lucense, como a resposta dun olimpo cinematográfico a unha rogativa que percorrese os nosos ermos pedindo rematar, alomenos unha vez ao ano, cunha pertinaz seca e deixar fartos por un tempo aos sedentos dun cine diferente.

Do mesmo xeito que outroraas xentes do rural acudían a Lugo a celebrar o San Froilánntendo gardada a traballosacolleita, neste limiar das festas patronais aportamos aos cinéfilos a colleita que temos recollido polos intanxibles eidos da arte colocada nonúmero 7, por ser a máis nova.

Todo recolector agarda que o seu traballo produza froito abundante que permita resistir un longo inverno. Nós, os recolectores de imaxes, nesta XXXIV edición, agardamos que o cine que enche as nosas tullas nos alimente e enriqueza de xeito que sigamos engaiolados pola maxia da realidade e da ficción.

Unha maxia tan poderosa porque reflicte –reportaxe ou ficción- a vida: todas as vidas, pasadas, presentes e futuras, de todos nós.

Benvido, setembro.

Benvido o cine a Lugo.

Xulio Xiz,
Presidente do Grupo
Fotocinematográfico Fonmiñá.