ACTIVIDADES PARALELAS

XOVES, DÍA 15
21.00 h – Gala de inauguración. Proxección do documental “SEÑORITA EXTRAVIADA” de Lourdes Portillo. A presentación correrá a cargo de persoal de Amnistía Internacional e contará coa posible presencia da directora da película. Lugar: Auditorio “Gustavo Freire”. Entrada gratuíta con invitación.


VENRES, DÍA 16
17.00 h – Proxección da película de Lorenzo DeStefano “OS ZAFIROS: MÚSICA DESDE A BEIRA DO TEMPO”.
17,30 h – Rolda de prensa: “OS ZAFIROS: MÜSICA DESDE A BEIRA DO TEMPO”, a cargo do documentalista cubano Francisco Puñal Suárez. Lugar: Auditorio “Gustavo Freire”.
19,00 h – Proxección da película de Montxo Armendáriz “ESCENARIO MÓBIL”.
20,30 h – Rolda de prensa de Ignacio Vilar. Lugar: Auditorio “Gustavo Freire”.
21,00 h – Proxección da película “UN BOSQUE DE MÚSICA”. A presentación correrá a cargo do director Ignacio Vilar e da ex-cantante de “Luar na Lubre” Rosa Cedrón.
22,30 h – Proxección da película de Fernando Trueba “O MILAGRE DE CANDEAL”


SÁBADO, DÍA 17
17.00 h – Gran Festa Infantil coa proxección da película interpretada por PRUDENCIA GRIFELL: “CARAPUCHIÑA E OS SEUS TRES AMIGOS”. Haberá agasallos para todos os nenos que asistan e un Premio Especial ó neno ou nena que luza o mellor disfrace de Carapuchiña. Lugar: Auditorio “Gustavo Freire”. Entrada gratuíta.
19,00 h – Rolda de prensa de Marta Arribas e Ana Pérez, directoras da película “O TREN DA MEMORIA”. Lugar: Auditorio “Gustavo Freire”.
20,00 h – Proxección da película “O TREN DA MEMORIA”. A presentación correrá a cargo das súas directoras Marta Arribas e Ana Pérez.


DOMINGO, DÍA 18
12.30 h – Concerto da Banda Municipal de Lugo dedicado a México pola Semana de Cine. Con música popular mexicana e da época de ouro do cine mexicano.
18,00 h – Comezo do ciclo de cine “A OUTRA BEIRA”, dedicado a México, Arxentina e Colombia coas películas “SEXO, PUDOR E BÁGOAS”, “A NENA SANTA” e “MARÍA CHEA ERES DE GRACIA”.


LUNS, DÍA 19
12.00 h – Presentación do libro que a Semana de Cine dedica a PRUDENCIA GRIFELL, “Pruedencia Grifell, unha lucense no cine de ouro mexicano”. Lugar: FONMIÑA (Concepción Arenal, 63).
13,00 h – Colocación dunha placa conmemorativa na casa onde naceu PRUDENCIA GRIFELL (Rúa Nova, 59), por parte dos patrocinadores e organizadores da Semana de Cine.
18,00 h – Comezo do ciclo de cine retrospectivo dedicado a PRUDENCIA GRIFELL. Lugar: Caixa Galicia. Entrada gratuíta. Aforo limitado.
18,00 h – Comezo do ciclo de CINE INFANTIL. Lugar: Auditorio “Gustavo Freire”.
22,00 h – Segunda película do ciclo retrospectivo dedicado a PRUDENCIA GRIFELL. Lugar: Caixa Galicia. Entrada gratuíta. Aforo limitado.
20,30 h – Comezo das sesións do ciclo de cine: O MELLOR DO 2004. Lugar: Auditorio “Gustavo Freire”.
22,30 h – Inauguración das exposicións: OS MELLORES CARTEIS DO CINE DE OURO MEXICANO (Colección Agrasánchez de México) e CARTEIS DE CINE ORIXINAIS DAS PELICULAS INTERPRETADAS POR PRUDENCIA GRIFELL (Colección particular). Lugar: Auditorio “Gustavo Freire”.
23,00 h – Presentación da SECCIÓN OFICIAL con películas a concurso da Semana de Cine. Proxección de “IN THIS WORLD”. Lugar: Auditorio “Gustavo Freire”.


MARTES, DÍA 20
20.00 h – 20,00 h – Inauguración da exposición PRUDENCIA GRIFELL, VIDA E OBRA. Lugar: Refectorio do Museo Provincial de Lugo. (Esta exposición permanecerá aberta ata concluír as festas de San Froilán).
22,00 h – Emisión a través de TELELUGO-LOCALIA (en colaboración coa Semana de Cine), do documental realizado por TELELUGO-LOCALIA: “Prudencia Grifell. Unha lucense no cine de ouro mexicano”. Este documental será igualmente exhibido tanto nas sesións do Auditorio como nas de Caixa Galicia.


VENRES, DÍA 23
Últimas proxeccións do ciclo de cine retrospectivo dedicado a PRUDENCIA GRIFELL en Caixa Galicia: “Raffles” e “Cando me vaia”. (Por esta última película, Prudencia Grifell estivo nomeada en 1955 ao Ariel de Ouro polo Mellor Papel Feminino).

SÁBADO, DÍA 24
18.00 h –18,00 h – Última proxección do Ciclo de Cine Infantil.
20,30 h – Última proxección do Ciclo O mellor do 2004.
23,00 h – Última proxección da Sección Oficial.

DOMINGO, DÍA 25
18.00 h. – Rolda de prensa co cadro técnico e artístico da película “OUTROS DÍAS VIRÁN”. Lugar: auditorio “Gustavo Freire”.
20,00 h – Gala de clausura. Entrega de premios da mellor Película da Sección Oficial a concurso. Entrega de premio (1000 euros e trofeo) á gañadora do concurso de carteis da Semana de Cine: Mónica Pereira Saqués. Estrea mundial de “OUTROS DÍAS VIRÁN” de Eduard Cortés. Presentación a cargo da productora e cadro técnico e artístico da película. Lugar: Auditorio “Gustavo Freire”. Entrada gratuíta con invitación.
OUTRAS ACTIVIDADES

Ao longo da SEMANA INTERNACIONAL DE CINE DE AUTOR, celebraranse distintos actos de homenaxe a PRUDENCIA GRIFELL e O CINE MEXICANO, que serán amplamente informados do día e hora a través dos medios de comunicación.

A MELLOR PELICULA da Sección Oficial será elixida polo público asistente, a través das papeletas de votación que se entregarán á entrada da sala.

Antes de cada sesión, en música de sala, poderanse escoitar cancións e ver fragmentos de películas do cine de ouro mexicano.

Nos despachos de billetes do Auditorio poderase adquirir o libro “Prudencia Grifell, unha lucense no cine de ouro mexicano”, así como DVD de determinadas películas que se exhiban , xunto a catálogos e folletos.
.
A orde da programación da XXVII SEMANA INTERNACIONAL DE CINE DE AUTOR poderá ser cambiado en calquera momento. O Comité Organizador declina toda responsabilidade no caso de que as razóns do cambio sean alleas ó mesmo. Calquera modificación comunicarase coa debida antelación.
Precios entradas:

Inauguración: Entrada gratuíta con invitación.
Ciclo de Cine Musical: Bono catro películas: 3 euros, (1 euro película solta).
Especial Festa Infantil: Entrada gratuíta con invitación.
Especial documental (“O tren da memoria”): 2 euros.
Ciclo A outra beira: 3 euros (cada película)
Infantil: 2 euros.
O mellor do 2004: 3 euros (cada película).
Sección Oficial: 4 euros (cada película)
Especial Prudencia Grifell. Caixa Galicia. Entrada gratuíta (aforo limitado).
Clausura: Entrada gratuíta con invitación.


As invitacións poderán ser retiradas nos despachos do Auditorio. Avisarase das datas e horas de retirada.

Os socios de FONMIÑÁ que non retiren as invitacións personais no prazo que se estipule, deberán aboar os prezos normais das entradas.