Un cartel da barcelonesa MAR BALCELLS FONT anunciará a XXXV Semana de Cine de Lugo Na sede do Grupo Fonmiñá, reuniuse o Xurado do Certame convocado para elixir o cartel que anunciará a
XXXV Semana Internacional de Cine de Autor. A este Certame concorriron un total de 80 deseños procedentes de diversos puntos de España optando ao premio
en metálico (1.000€), trofeo, e adesignación do cartel para ser o elemento representativo da próxima Semana de Cine. Formaron o Xurado representantes das institucións copatrocinadoras e membros de Fonmiñá:
Aurelia Balseiro, Directora do Museo Provincial, pola Deputación Provincial; María Dolores Moya Doménech,
polo Concello de Lugo;María José Fernández, por Nova Caixa Galicia; Carmen Xove, pola Universidade-Campus de Lugo;
Manuel Gulín, pola Xunta de Galicia; e os membros de Fonmiñá: Manuel Curiel (Director da Semana de Cine), Eduardo Rodríguez Ochoa, José Manuel Guisasola, Carlos Rodríguez e Xulio Xiz (Presidente). O Xurado elixíu como cartel anunciador da XXXV Semana de Cine ao orixinal presentado por MAR BALCELLS FONT,
de Barcelona, á que xa se lle comunicou esta elección.
Corcurso de carteles para 2013 - BASES
Descargar PDF: Portada, Interior