SEMANA 2009
O actor Eduardo Fajardo despediuse da Semana de cine e do público lucense inmediatamente antes da sesión oficial do pasado xoves. O veterano actor agradeceu ó público lucense e a Fonmiñá as súas atencións, e demostrou conservar as súas excelentes cualidades de actor recitando un Romance español que adoitaba recitar en México nos anos cincuenta e sesenta.
Prometeu volver a Lugo, dentro ou fóra da semana de Cine, encantado polo trato recibido nesta cidade.
Proxección
Na zona da Muralla, inmediacións do Comandante Manso, sobre o noso monumento Patrimonio da Humanidade, proxéctase o cartel oficial da Semana de Cine. É unha colaboración do Colexio oficial de Arquitectos de Lugo, que xa o ano pasado efectuou similar proxección -esta, cos carteis de todas as semanas do cine- na praza do Seminario Menor.
Remate da XXXI Semana de Cine
Hoxe e mañá, venres e sábado, son os últimos días da XXXI Semana de Cine de Lugo.
A organización agradece ós lucenses á asistencia ás diversas sesións, e ás institucions colaboradoras o apoio que veñen prestando a esta celebración.
Na Deputación Provincial, Sala de arte, queda aberta mostra biográfica e cinematográfica de Eduardo Fajardo ata comezos do próximo mes de outubro.