Inauguración oficial da XXXI SEMANA DE CINE DE LUGO

Fecha: 
Vie, 25/09/2009

semana de cine 2009A homenaxe ó actor galego Eduardo Fajardo, abríu na noite do luns a XXXI Semana de Cine de Lugo, que ata o próximo sábado ofrecerá máis de medio cento de películas a un público entregado que conta con que setembro é un mes cinematográfico para a capital da provincia lucense.

No acto inaugural interviñeron o Alcalde de Lugo, Xosé López Orozco; o Secretario xeral de Medios da Xunta de Galicia, Alfonso Cabaleiro; e o vicepresidente da Deputación Provincial, Antón Bao, xunto co Presidente de Fonmiñá, Xulio Xiz, e o actor homenaxeado, Eduardo Fajardo, que agradeceu a distinción que se lle facía na súa terra. Así mesmo tomaron parte na cerimonia inaugural, o Xefe territorial de Cultura e Turismo, José Carlos Rodríguez Andina; o director en Lugo da Fundación Caixa Galicia, Sinesio Pérez; o Presidente do Colexio de Arquitectos, Alberte González; e o Director da Semana de Cine, Manuel Curiel.
         O Secretario Xeral de Medios entregou ó lucense José Portas  García o premio de 1.000€ e trofeo, como gañador do Certame para seleccionar o cartel anunciador da Semana de Cine. E o Alcalde de Lugo, no nome da Semana de Cine e da Cidade entregoulle a Eduardo Fajardo un gran prato de Sargadelos (é un coleccionista de pratos) que reflicte a Praza do Campo da capital lucense, cunha placa que proclama: “La XXXI Semana de Cine de Lugo, al gallego Eduardo Fajardo, el gran villano del cine español”.