A Semana de cine de Lugo homenaxea ó Club Emevé

Fecha: 
Mar, 22/09/2009

A XXXI Semana de Cine de Lugo que organiza o Grupo Fotocinematográfico Fonmiñá, rendeu homenaxe ó club de voleibol Emevé na persoa do seu presidente José Francisco Bouza, que recibiu unha placa no nome dos cinéfilos lucense proclamando que “todos somos Emevé”.

      
         Fonmiñá incluiu na programación da semana a película “La vida sin Grace”, para lembrar a Aída Cela, Iris Arias e Patricia Xavier, as tres xogadores do club lucense que perderon a vida hai uns meses nun desgraciado accidente de circulación cando regresaban a Lugo despois dunha importante victoria deportiva.Club Emevé
         No acto de homenaxe, que se celebrou inmediatamente antes da proxección no Auditorio Gustavo Freire participaron o Alcalde da cidade, Xosé Clemente López Orozco e o Concelleiro de deportes, Jose Manuel Díaz Grandío; o Xefe territorial de Cultura e turismo da Xunta de Galicia, José Carlos Rodríguez Andina; o xefe provincial do Servizo de Deportes, José Manuel Rozas, e o concelleiro Enrique Rozas, do grupo municipal Popular. Enviou a súa adhesión o Deputado de Deporte e Cultura da corporación provincial, Antón Veiga.
         O Presidente de Fonmiñá, Xulio Xiz, ofreceu a homenaxe en nome de todos os cinéfilos e de todos os lucenses, entregando a distinción o alcalde da Cidade.
         Por parte do Emevé estiveron presentes membros da directiva, xogadores e familiares, así como numerosos simpatizantes.