Desde 1979, en Lugo contamos o cine por semanas. Cada ano, en setembro, unha Semana de Cine. E xa pasamos de trinta.
Foi en 1979 cando o recén nado Ministerio de Cultura quixo fomentar a celebración de actividades culturais e o asociacionismo, e ó seu ofrecemento respondimos coa celebración dunha modesta SEMANA INTERNACIONAL DE CINE DE AUTOR. O orzamento foi de 500.000 pts. que o Ministerio aportou.
Así comezou todo. Logo foise o Ministerio e veu o Concello de Lugo, a Xunta de Galicia, Deputación Provincial de Lugo, Caixa Galicia, Universidade de Compostela-Campus de Lugo, Galicia Digital e o Xacobeo. E así pasaron trinta anos.
Somos as mesmas persoas na organización, con trinta anos máis. Seguimos conquistando ós lucenses que por miles seguen as nosas proxeccións. Os nenos ós que encandilabamos hai vinte ou vintecinco anos coas mellores películas infantís, veñen hoxe cos seus fillos participar nas nosas celebracións cinematográficas. Non se pode pedir maís.
O Pazo do Festival - o Gran Teatro de Lugo - desapareceu baixo a piqueta da construción. O noso novo Pazo é o Auditorio municipal Gustavo freire, complementado o seu papel coas salas de Caixa Galicia e da Biblioteca Provincial de Lugo.
Temos un amor tolo pola sétima arte. Amor que non decrece cos anos senon que, visto que o temos contaxiado a milleiros de lucenses, se reforza e se renova cada día.
Se entre os teus amores - tolos ou cordos - está o cine, conta connosco.
Xulio Xiz
Presidente do Comité organizador da
Semana Internacional de Cine de Autor de L