Exposicións

Ao longo da SEMANA INTERNACIONAL DE CINE DE AUTOR serán inauguradas diversas exposicións. Na Sala de Exposicións da Xunta de Galicia poderanse ver todos os carteis presentados ao Concurso de Carteis que organizou FONMIÑÁ para elixir o cartel oficial anunciador da Semana. No Museo Provincial (Sala Reflectorio), expoñerase a dedicada a ENRIQUE MUÍÑO, consistente en fotografías, carteis de películas e outros obxectos da vida e obra do actor (Comisario: Federico Santillana). E na Sala de Exposicións da biblioteca Provincial, a dedicada a Lugo 10 e ao Cine Peplum ou Cine de Romanos, que estará formada por carteis de películas realizadas sobre a antiga Roma, desde a Fundación e Monarquía, pasando pola República, a Etapa Imperial e a Decadencia (Comisario: Manuel Curiel Fernández).