Grupo do Cine do IES Alfoz-Valadouro

Hai aproximadamente 13 anos constituíuse no IES Alfoz - Valadouro un grupo de teatro no que traballan alumnos e  profesores. Cada curso representa unha obra de teatro en xuño, rematado o curso (a excepción de dous ou tres cursos nese tempo, nos que non se fixo). A raíz desta afección pola interpretación, decidiron logo pasarse ao mundo do cine, gravando dúas películas dunha hora de duración cada unha: Malos tempos (2007) e Lume na alma (2008). Actualmente o IES Alfoz - Valadouro está en fase de gravación do seu terceiro filme, titulado Volveremos, que espera estrear no vindeiro mes de decembro de 2010. Nos seus filmes sempre participan todas as persoas vinculadas ao instituto: director, xefe de estudos, secretaria, administrativa, conserxes, profesores e, naturalmente, alumnos. O grupo de teatro, pola súa banda, está  preparando unha representación para este vindeiro mes de xuño, aínda que, ao día de hoxe, é probable que, por diversos problemas, non se leve a cabo.

No futuro a ilusión segue viva para seguir facendo teatro e cine no instituto.