Coa convocatoria do Festival Internacional de Cine sobre a discapacidade pretendemos fomentar o coñecemento da actividade cultural no ámbito cinematográfico, das persoas con discapacidade ou cun argumento sobre a discapacidade, entre todas as comunidades de España e de países estranxeiros.
Propoñemos utilizar este innovador medio para axudar a dar a coñecer as actividades culturais entre un colectivo de persoas que non teñen fácil o seu acceso ao mundo da cultura. O coñecemento entre comunidades diferentes, entre culturas diferentes, entre puntos de vista diferentes uniranos e enriqueceranos como creadores e artistas. Desde a Fundación Anade creamos un escaparate para ofertar o traballo cinematográfico feito por persoas con discapacidade ou sobre as persoas con discapacidade.
A Fundación Anade traballa pola inclusión social e laboral das persoas con discapacidade a través da realización de diversas actividades e proxectos culturais. En Lugo mantemos desde o ano 2004 o grupo de teatro PINCHACARNEIRO. Este grupo de teatro actuou por toda España e é unha mostra do traballo ben feito e do afán por mellorar e participar no mundo da cultura (Fundación Anade).