Fellices 40 Semanas de Cine
En calquera dos aspectos da nosa vida, coroar determinadas cifras temporais ven ter una significado especial, e así os cumpreanos parecen máis rotundos cando rematan en cinco ou en cero por corresponder a quinquenios ou décadas con significado maior que calquera celebración anual.
Na Semana Internacional do Cine de Autor de Lugo, este 2018 coroamos a cima das Corenta, percorridas ano a ano, película a película, desde aquel 1979 que coidamos que Lugo podía ter unha celebración anual en relación coa sétima arte, e atopamos ocasión propicia para celebrala.
Tantos anos despois, tantas ilusións e tantos esforzos despois, chegamos a XL Semana, coa mesma ilusión, co mesmo ou maior esforzo, e coa satisfacción de poder mirar cara atrás coa ledicia que supón coroar tantos fitos seguindo a ser prácticamente o mesmo grupo de amigos -mozos daquela, agora xa non tanto- que cada setembro mergullamos Lugo nun pequeno mar de cine.
Felices corenta Semanas de Cine en Lugo!. Feliz XL Semana de Cine de Lugo!.
Xulio Xiz,
Presidente de Fonmiñá.