Semana de Cine 2012



Na mañá de hoxe, na sede do Grupo Fotocinematográfico Fonmiñá, reuniuse o Xurado do Certame convocado para elixir o cartel anunciador da XXXIV
Semana Internacional de Cine de Autor de Lugo, ao que concurriron 75 orixinais procedentes de toda España.
    O Xurado estivo formado por MARIO OUTEIRO, Deputado de Cultura, en representación da Deputación Provincial, DOLORES MOYA, polo Concello de Lugo; MANUEL GULÍN, pola Consellería de Cultura; MARIA JOSÉ FERNÁNDEZ, pola Fundación Caixa Galicia e CARMEN XOVE, pola Universidade-Campus de Lugo, como representantes das entidades copatrocinadoras da Semana, e os membros de Fonmiña MANUEL CURIEL, CARLOS RODRÍGUEZ, EDUARDO OCHOA, JOSE MANUEL GUISASOLA e XULIO XIZ.
    Foi elexido cartel anunciador da Semana de Cine de Lugo nesta XXXIV edición o orixinal presentado por VICENTE BELTRÁ JUAN, de ELDA-ALICANTE, que recibirá un premio de 1.000€ e trofeo.
    Na fase final do traballo do xurado, pola calidade dos traballos, tiveron unha consideración especial os orixinais presentados por EDITH NIEVES SÁNCHEZ, da Pobra do Brollón (Lugo), e JOSÉ LUIS GOMEZ LÓPEZ, de Alcalá de Henares (Madrid).

fallo 2012

fallo 2012 -2

fallo 2012 -3