Máis de mil persoas asistiron diariamente no Auditorio Gustavo Freire ás sesións da Semana de Cine.
ONDA CERO DESDE LUGO - entrevistamos a Julio Xiz, Presidente del Club Fonmiñá y organizador de la Semana de cine de Autor de Lugo, razón por la que hacemos el programa desde Lugo.
A Semana de Cine de Lugo programou a reportaxe ENTRE MARBELLA E TORREMOLINOS, do lucense - fotógrafo e membro de Fonmiñá- JOSÉ REIGOSA PIÑEIROA.
O mércores, ás oito da tarde, na Galería Sargadelos, dentro da programación da Semana de Cine - ciclo CINE E RADIO - pronunciou unha conferencia CHEMA LOPEZ LOSADA, de Radio Popular de Lugo.
Falou dos seus tempos da radio, entre a radio clásica dos anos sesenta e a da actualidade de comezos do século XXI.
O xornalista radiofónico FRANCISCO NIETO pronunciou unha conferencia sobre "OS ARQUIVOS NA RADIO", dentro do ciclo organizado con motivo da XXXIV SEMANA INTERNACIONAL DE CINE DE LUGO.
Coa proxección da película EL CAIRO TIME comezou a XXXIV Semana Internacional de Cine de autor de Lugo, que organiza o Grupo Fonmiñá, coa colaboración da Deputación Provincial, Concello de Lugo, Xunta de Galicia, Universidade de Compostela-Campus de Lugo e Fundación Caixa Galicia.
Hoxe, lunes, á unha da tarde, no refectorio do Museo Provincial de Lugo, vaise presentar o libro "RICARDO NUÑEZ, o emperador da simpatía".
Nun acto celebrado esta mañá no salón de actos da Deputación Provincial de Lugo, foi presentada a XXXIV edición da SEMANA INTERNACIONAL DE CINE DE AUTOR, que organiza o Grupo Fotocinematográfico Fonmiñá.