Inauguración da XXXIV Semana de Cine de Lugo

Data: 
Mar, 18/09/2012

Coa proxección da película EL CAIRO TIME comezou a XXXIV Semana Internacional de Cine de autor de Lugo, que organiza o Grupo Fonmiñá, coa colaboración da Deputación Provincial, Concello de Lugo, Xunta de Galicia, Universidade de Compostela-Campus de Lugo e Fundación Caixa Galicia.

 

 

 

 

 


 Previamente, o salón de entrada do Auditorio Gustavo Freire transformouse nunha instalación de formación militar de ben orixinais reclutas, montada polo Grupo teatral Achádego que colabora coa organización para irmandar o teatro e a cinematografía.
 
O Presidente de Fonmiñá, Xulio Xiz, abriu o acto lembrando a Frank Braña, o actor homenaxeado hai uns anos na Semana de Cine que morreu en Madrid, despois de máis dun cento de mortes no cine - foi o actor que máis veces morreu na pantalla - . Lembranza, así mesmo, para Toñi Ónega, membro de Fonmiñá, fotógrafa entusiasta, á que a Semana homenaxea cunha exposición antolóxica da súa obra. Destacou que nun tempo difícil, de entrada ao outono, a Semana de Cine viña ser unha batería de proxectís cargados de ilusión para combatir a fame de cine dos lucenses.

 
O Deputado de Cultura e Turismo, Maario Outeiro, sinalou a satisfacción da Deputación Provincial porque a Semana de Cine chegase ás 34 edicións, destacando a vontade de colaboración con esta e moitas outras manifestacións culturais da provincia de Lugo. Finalmente Antón Bao, Primeiro Tenente de Alcalde do Concello de Lugo, destacou a importancia da Semana polas súas proxeccións, pero tamén polas súas actividades complementarias, especialmente polo rescate de galegos do cine que saen do esquecemento para recoñecemento das xentes de hoxe da súa traxectoria na séptima arte.

 
Os intervintes estiveron acompañados no escenario polo Vicerreitor do Campus lucense, Pedro García Hérradón, e o Subdelegado do Goberno en Lugo, Ramón Carballo.

GALERÍA DE FOTOS