Durante a celebración da SEMANA INTERNACIONAL DE CINE DE AUTOR, será estreado o documental realizado en Arxentina e producido por FONMIÑÁ, sobre a vida e obra de ENRIQUE MUÍÑO, titulado “LES VOY A CONTAR MI VIDA”. Este aborioso traballo de investigación está dirixido por Federico Santillana, cun guión do propio director e de Manuel Curiel Fernández (Director da Semana de Cine de Lugo). A realización de dito documental e a súa estrea en España, coincidindo coa Semana de Cine, forma parte das homenaxes que a Semana brindará ao Gaucho Galego ENRIQUE MUÍÑO.
Igualmente as películas do ciclo dedicado a ENRIQUE MUÍÑO foron subtituladas ao galego para unha mellor comprensión dos seus diálogos. A subtitulación foi igualmente realizada en Arxentina.