ENTRE MARBELLA E TORREMOLINOS

Data: 
Mér, 19/09/2012

A Semana de Cine de Lugo programou a reportaxe ENTRE MARBELLA E TORREMOLINOS, do lucense - fotógrafo e membro de Fonmiñá- JOSÉ REIGOSA PIÑEIROA.

 

 

 

 

 


reigosaNo Psiquiátrico de Castro, a un dos pavillóns puñéronlle por nome TORREMOLINOS, por ser reltivamente moderno, con amplos ventanais e moita luz. E cando anos despois se reformou outro existente, con similares condicións, chamóuselle MARBELLA.
Eran dous mundos, un de homes e outro de mulleres, dentro do mundo lonxano e descoñecido dun manicomio. Agora que se pechou, e os seus enfermos pasaron a outras instalacións de saúde, o lucense JOSÉ REIGOSA construíu un documento realista, forte, testemuñal, daquel mundo no que se pechaba aos que a sociedade refugaba pola súa especial enfermidade.

 

Foto:Castro