Conferencia de Paco Nieto sobre os arquivos na Radio

Data: 
Mar, 18/09/2012

O xornalista radiofónico FRANCISCO NIETO pronunciou unha conferencia sobre "OS ARQUIVOS NA RADIO", dentro do ciclo organizado con motivo da XXXIV SEMANA INTERNACIONAL DE CINE DE LUGO.

 

 

 


 

Paco Nieto, con catro décadas de experiencia como profesional da radio en Lugo, abordou do xeito máis directo  o tema da conferencia ofrecendo anacos sonoros do arquivo da emisora Radio Lugo, que se fundou en Lugo en 1937, e conserva auténticas xoias nos seus arquivos, que o conferenciante está depurando e sistematizando.

Os asistentes puidemos escoitar as voces de Anxel Fole ou Ramón Piñeiro, Bouza Brey ou o histórico alcalde de Lugo, Angel López Pérez, sen esquecer todo tipo de anuncios, mesmo uns gravados hai máis de medio século por MANUEL MARÍA, que tamén fixo unha pequena incursión no mundo da radio lucense.
O contacto dos asistentes co mundo da radio a través destes exemplos das xoias que un arquivo
radiofónico garda, fixeron conmentar ao director da Galería Sargadelos, Xesús-Quico, que era unha das charlas máis suxestivas que se tiñan pronunciado na súa galería.