Día 20, martes

XXXIII SEMANA INTERNACIONAL DE CINE DE AUTOR

13:00 h. Inauguración da exposición + presentación do libro dedicados a Antonio Casal – Sala
Refectorio do Museo Provincial
O martes celebrarase a inauguración da exposición dedicada a Antonio Casal na sala
Refectorio do Museo Provincial, que consta de 10 paneis con fotografías e recordos da súa
traxectoria vital. Así mesmo, presentarase o libro en galego e castelán Antonio Casal, o
home corrente da mirada tenra, escrito por Manuel Curiel e editado polo Grupo
Cinematográfico Fonmiñá coa intención de rememorar a un dos nosos mellores actores dos
anos corenta. Neste acto inaugural contaremos coa presenza dos seus familiares, entre eles,
a súa filla e actriz María Casal.
18:00 h. Rolda de prensa con Arturo Dueñas – Fonmiñá (C.Arenal, 63)
Primeiramente, o director da película “Aficionados” xunto co seu equipo técnico e artístico
concederán unha rolda de prensa aberta ao público e aos medios de comunicación en
Fonmiñá. Arturo Dueñas é un gran colaborador do espallamento do cine e da cultura
española no mundo: organizou a I Semana Internacional de Cine Español de Tallin,
participou no Festival de Teatro Escolar de Bratislava e foi profesor de Lingua e Literatura
Españolas nas Universidades de Tartu (Estonia), Budapest, Mossoró (Brasil) e Lisboa. A súa
última comedia dramática, que participou en diferentes festivais de cine, describe os
encontros dun grupo de persoas moi particular e heteroxéneo que comparten unha “afección
común” que é “pouco común”.
Lamentablemente, a programada intervención do pintor e director Ramón Margareto, autor
de “Memorias de un cine de provincias”que foi gañadora de 25 Premios Goya á mellor
curtametraxe documental española, non se poderá levar a cabo debido á realización do seu
actual traballo cinematográfico “Salamandras y Salamandros”. De todos modos, lerase unha
carta baixo o título “Morriña de Lugo”escrita polo propio director que Margareto nos quixo
enviar a todos os lucenses para xustificar a súa ausencia.
18:00 h. Ciclo Infantil: “Dragones

18:00 h. Ciclo Infantil: “Dragones destino de fuego” – Auditorio Gustavo Freire
“Dragones destino de fuego” é unha película de animación peruana dirixida por Eduardo
Schuldt. Perfecta para os amantes das especies voadoras, xa que nos dará a coñecer a John
John, un pequeno dragón adoptado por unha familia de cóndores que decide emprender unha
viaxe na que atopar as súas verdadeiras raíces.
18:15 h. Actuacións do grupo teatral Achádego – Praza Maior, praza da Deputación e muralla
Achádego, o grupo de teatro lucense que leva máis de 20 anos dotando de fantasía e humor a
nosa cidade amurallada, durante esta semana animará as nosas rúas unha vez máis co seu
teatro dando vida a personaxes de toda clase e talante. O martes ás 18:15 h. Joker e os seus
secuaces tomarán a Praza Maior e a praza da Deputación, mentres que Marilyn dará un
paseo pola muralla en busca de Audrey, coa que quere manter unha conversa sobre
diamantes.

20:00 h. Homenaxe a Antonio Casal: “Viaje sin destino” – Deputación Provincial
Trátase da segunda longametraxe da triloxía cómica conxunta levada a cabo polo actor
Antonio Casal e o director Rafael Gil. “Viaje sin destino” ten carácter de cine policial e
obtivo o segundo premio do Sindicato Nacional do Espectáculo.

20:00 h. Ciclo “Y para comer, Lugo”: “La cena” – Biblioteca Provincial
“La cena” conseguiu o premio do Sindicato de Xornalistas do Cine Italiano ao conxunto de
actores secundarios. Os clientes dun restaurante de Roma rexentado por Fiona (Fanny Ardat)
son presentados á hora da cea, durante a que se amosan no seu estado máis auténtico e
reencarnan, a través das súas conversas e comportamentos, historias de seres humanos
diversos e actuais. Esta longametraxe foi dirixida por Ettore Scola e protagonizada por
Vittorio Gassman, unha das súas últimas interpretacións antes de falecer.

20:30 h. O mellor do ano: “El estudiante” – Auditorio Gustavo Freire
“El estudiante”, película que clausurou o Festival de Cine de San Sebastián 2010, foi
dirixida por Roberto Girault e narra a quixotesca aventura de Chano, que aos seus 70 anos
decide entrar na Universidade para estudar Literatura.
22:30 h. Actuación do grupo de teatro Achádego – Auditorio Gustavo Freire
En mans do grupo de teatro Achádego, o Joker volve ás andadas poñendo a proba o sangue
frío dos asistentes do Auditorio...

22:45 h. Sección Curta + Sección Oficial – Auditorio Gustavo Freire
En primeiro lugar, proxectarase a curtametraxe “Memorias de un cine de provincias”. Neste
filme Margareto, procedente de Medina de Rioseco, homenaxea a seu pai por medio da
historia autobiográfica do emblemático cine Ortega, aberto no ano 1937 en Palencia durante
a Guerra Civil, que será adquirido pola familia Margareto durante os anos setenta e que
finalmente se converterá en multisalas no ano 1997.
Para rematar, poderemos gozar da segunda película que participa no concurso por votación
popular da Sección Oficial: “Aficionados”. Nela estarán presentes Arturo Dueñas xunto cos
seus profesionais artísticos e técnicos.

 


Alma Sánchez