Día 18

XXXIII SEMANA INTERNACIONAL DE CINE DE AUTOR DE LUGO

A XXXIII SICA comezará coa celebración das Galas da Semana, que se levarán a cabo no auditorio “Gustavo Freire”.
Este acto comezará ás 18:00 h. co “Especial David Soul”, no que se proxectarán vídeos musicais e o capítulo “A neniña perdida” da emblemática serie de televisión estadounidense “Starsky e Hutch” creada por Willian Blinn e dirixida por Jack Starrett. Neste episodio a parella de detectives axudará á pequena Molly (estrela invitada Kristy McNichol), que é raptada por uns delincuentes ao tratarse da única testemuña que coñece o paradoiro duns valiosos diamantes desaparecidos.
Ás 19 h. o periodista José Areñas presentará a poxa dos cadros e esculturas que levan expostos dende o día 12 de setembro no vestíbulo do Gran Hotel e que foron cedidos por artistas lucenses do momento:
Quique Bordel, Miguel Ángel Macía, García Gesto, Ruth Ares, Alejandro Sánchez, Eduardo Birro, Jorge Espiral, Sandra López, Magdalena Seixas, Germán García Mera, Benjamín Santín e Xoán Vila. Nesta iniciativa promovida pola Asociación Cultural e Humanitaria Amigos de David Soul xunto coa SICA, os cadros terán un prezo de saída de 120 euros e os cartos recadados serán concedidos a AFALU (Asociación de Familiares e Enfermos de Alzheimer).
Seguidamente (arredor das 20 h.) e coincidindo coas vésperas do Día Mundial do Alzheimer, proxectarase a longametraxe gañadora do Goya ao mellor documental “Bicicleta, cuchara, manzana” de Carles Bosch, que narra a vida do ex presidente da Generalitat Pasquall Margall dende que se lle diagnostica que padece tal enfermidade.
O mago Lamas, o acordeonista Delfo e o grupo musical A Quenlla porán o broche final a esta noite de compromiso e divertimento (previsto para as 22 h.). A entrada da gala completa custará 2,50 euros e todo o diñeiro recadado será destinado á asociación AFALU para que continúe coa súa gran labor social.
à Os horarios desta gala son unha previsión aproximada que poderán cambiar levemente segundo o transcurso dos acontecementos.

 


Alma Sánchez
Xefa de Prensa
Semana Internacional de Cine de Autor