XXXIII SEMANA INTERNACIONAL DE CINE DE AUTOR
Unha vez máis Achádego dotará de fantasía e humor a nosa cidade amurallada e animará as nosas rúas dando vida a personaxes de toda clase e talante: gágsters de pacotilla, Audry Hepburn, Marilyn, zombies corteses, o Joker, o gordo e o fraco, Charlot, Stanley e Oli… O grupo teatral Achádego nace en Lugo no ano 1988 cando Tareixa Campos, directora e actriz, recibe a encomenda de conmemorar o 40 Aniversario da Declaración Universal dos Dereitos Humanos. Máis de 20 anos despois, este grupo contou coa colaboración de arredor de 50 actores e colaborou con programas da televisión galega, espectáculos de rúa e enriba do escenario, onde representou e segue a representar innumerables obras dos máis aclamados escritores galegos e estranxeiros. Un grupo de afeccionados moi profesionais, que ensaian despois do traballo, que non cobran máis que para o sufraxio de gastos, pertencentes a diferentes xeracións e cunha devoción conxunta: o bo teatro. A continuación, a programación de Achádego para a XXXIII Internacional de Cine de Autor: Luns 19 13 h. Audrey Hepburn pasea polas xoierías de Lugo. 18:45 h. Marilyn tomará un cosmopolitan nas terrazas da Praza Maior. 22:30 h. Gánsters de pacotilla na entrada do Auditorio Gustavo Freire. Martes 20 18:15 h. Joker e os seus secuaces tomarán a Praza Maior e a Deputación. Marilyn dará un paseo pola muralla e buscará a Audrey, coa que quere manter unha conversa sobre diamantes. 22:30 h. No auditorio Gustavo Freire o Joker porá a proba o sangue frío dos asistentes. Mércores 21 18.15 h. Ata a Praza Maior quedará pampa ao ver a dous homes vestidos de mulleres para lograr traballar como músicos…Unhas pernas meteranse no medio.
22:30 h. Na entrada do Auditorio uns zombis moi amables atenderán ao público asistente. ¿Unha tapiña de sesos? Xoves 22 18:15 h. Polas xoierías de Lugo Audrey e Blake Edwards rodarán planos da súa peli “Os diamantes dixestivos”. 22:30 h. Charlot fará a súa entrada polo patio de butacas do Auditorio Gustavo Freire. Venres 23 18:30 h. O gordo e o fraco moverán as cadeiras pola Praza Maior, rúa Raíña, San Marcos…E con el! 22:30 h. Na entrada do Auditorio Gustavo Freire, desencaixaranse as cadeiras con Stanley e Oli, de seguro! Alma Sánchez Xefa de Prensa Semana Internacional de Cine de Autor