Día 22

XXXIII SEMANA INTERNACIONAL DE CINE DE AUTOR

18:00 h. Ciclo Infantil: “Lily, la princesa hada” – Auditorio Gustavo Freire
Unha película alemá dirixida por Ansgar Niebuhr, Alan Simpson e Xu Zhi-Jian. “Lily, la princesa hada” goberna o reino encantado de Pinkovia repartindo bondade e deixando tras dela un rastro máxico de nubes de bolboretas rosas e estrelas brilantes. Pero os trasnos da granxa, os Elfos Pescadores e as Sereas non son tan felices debido á rivalidade doutras fadas e das trasnadas de Pupsi.
17:00 h. Actuacións do grupo de teatro Achádego – Centro de Lugo
Ás cinco da tarde Marilyn paseará a súa beleza polas rúas do centro.
19:30 h. Especial Autismo: “Sinfonía de Juliette y Pascal” – Caixa Galicia
Esta longametraxe de ficción experimental dedicada ao autismo e dirixida por Bruno Vázquez, será presentada por Elisa López Fernández, a psicóloga de AFALU licenciada pola Universidade de Oviedo.
“Sinfonía de Juliette y Pascal”, que trata sobre a aceptación, o sacrificio e o amor, participou no Chicago Latino Film Festival (Estados Unidos) e no Festival de cine de Tarapacá (Chile).
20:00 h. 50 Aniversario de “The Beatles”: “Help!” – Casa do Coñecemento (Vicerreitorado)
A película “Help!”, escrita por Charles Wood e Marc Behm, será a segunda proxección deste ciclo. A idea xorde cando o director Richard Lester reúne aos Beatles e xuntos deciden realizar unha película disparatada cun fío argumental absurdo e divertido. Todo isto estará sazonado con novas cancións beatlerianas, pezas de música clásica e fortes críticas ás institucións británicas.

20:00 h. Homenaxe a Antonio Casal: “La guitarra de Gardel” – Deputación Provincial
Raúl ten unha voz magnífica e como medio para triunfar, emprende unha busca por Bos Aires, México e España co obxectivo de atopar unha guitarra que pertenceu a Carlos Gardel. “La guitarra de Gardel”, dirixida por León Klimovsky, é unha comedia musical do ano 1945.
20:00 h. Ciclo “Y para comer, Lugo”: “El Festín de Babette” – Biblioteca Provincial
Dirixida en Dinamarca por Gabriel Axe, esta película foi a gañadora do Óscar de 1988 á mellor película estranxeira, así como do premio especial do xurado no Festival de Cannes de 1987 e á mellor película estranxeira nos BAFTA de 1989. A longametraxe é una adaptación da novela de Isak
Dinesen e dá vida a Babette, una francesa que traballa durante 14 anos na casa dunhas solteironas danesas fillas do pastor ata que gaña a lotería. Antes de abandonar ás súas donas, Babette organiza un banquete para celebrar o centenario do pastor. Os seus hóspedes temen danar a lei divina ao aceptar unha cea francesa, pero non se poderán resistir ás delicias de “El festín de Babette”.
20:30 h. O mellor do ano: “Cuestión de Principios”
– Auditorio Gustavo Freire
Unha comedia arxentina dirixida por Rodrigo Grande na que Federico Luppi encarna ao vello Castilla, home convencido de saber como actuar en calquera ocasión segundo a ética e os principios morais.
Un día dáse conta de que posúe o único número da revista Tertulias que lle falta ao seu xefe para completar a colección. Este négase a venderlle o exemplar diante dos membros da empresa e o seu xefe decide vingarse sen botalo á rúa. Será unha “Cuestión de Principios”.

22:30 h. Actuación do grupo de teatro Achádego – Auditorio Gustavo Freire
Esta vez será Charlot o que faga a súa entrada polo patio de butacas...
22:45 h. Sección Curta + Sección Oficial – Auditorio Gustavo Freire
Primeiramente, proxectarase a curtametraxe galega de Jesús Prieto que obtivo o Premio Maestro Mateo da Academia Galega do Audiovisual á Mellor Curtametraxe de Ficción do año, formou parte da Selección Oficial do Short Film Corner do Festival de Cannes 2010, da Sección Oficial do Festival de Cans e da Sección Oficial do Festival de Cine de Huesca. “Xoel y los X-Men” é o resultado dunha aventura cinematográfica creada de xeito pouco convencional, dándoselle completa liberdade aos actores para construír e reaccionar ao que ía ocorrendo. Xoel acaba de suicidarse, e na súa carta de despedida convoca ao resto dos X-men, un grupo de amigos de toda a vida, para celebrar unha última festa na que ocuparse das súas cinzas e para brindar polos vellos tempos.
Para finalizar, poderemos ver a película de Denis Villeneuve que conseguiu o premio “Miguel Delibes” ao mellor guión e o premio do público na Semana Internacional de Cine de Valladolid.
“Incendies” participa no concurso por votación popular da Sección Oficial da SICA e narra a viaxe que os xemelgos Jeanne e Simon Marwan realizarán a Oriente Próximo despois de que o notario Lebel lles faga entrega de dous sobres que deixou para eles a súa nai recentemente falecida: un destinado a un pai que eles crían morto e o outro a un irmán cuxa existencia ignoraban.

 


Alma Sánchez
Xefa de Prensa
XXXIII Semana Internacional de Cine de Autor