Best Documentary Jury Price Noida International Film Festival.
Festival Internacional Cinematográfico de Toluca
George Lindsey UNA Film Festival
American Online Film Awards
Saint Tropez International Film Festival
ART&Tur International Tourism Film Festival
Noida International Film Festival
Hai máis de 1700 anos, as murallas de Lucus Augusti custodiaban a fin do mundo coñecido. No presente, os descendentes dos pobos romano e castrexo que vivían na zona representan o festival máis importante de todo o mundo baseado no Imperio Romano. Todo empezou hai 12 anos cando se proclamou á muralla da cidade Patrimonio da Humanidade. Só uns poucos celebraron naquel entón este acto. Hoxe en día a cidade transfórmase ata converterse nun pequeno recuncho do Imperio Romano dos Césares devolvendo á vida a gladiadores loitando pola súa vida na area do circo, deuses e figuras mitolóxicas percorrendo a cidade, ademais de soldados e a garda pretoriana que mantén a salvo a César Augusto das ameazas do pobo Castrexo. A gran Lucus Augusti volve á vida todos os anos na segunda fin de semana de xuño para facer real unha das máis interesantes e orixinais recreacións históricas xamais vista.
Brais Revaldería naceu hai 30 anos en Lugo. Varias cidades contemplan o paso deste lucense, A Coruña, Santiago, Madrid e Nova York, onde rematou os seus estudios de cine na New York Film Academy, cun “background” baseado en deseño gráfico, animación e post-produción (School of arts Trazos), e despois de estudar Comunicación Audiovisual na Universidade Europea de Madrid, comeza traballando na televisión, onde acumulou experiencia en programas de Telecinco e Cuatro, (Esto es Increible, Visto y no Visto, Esta pasando, Las mañanas de Cuatro, Vaya tropa…) sempre con funcións dentro do departamento de realización e deseño gráfico nalgúns casos. Hai 5 anos funda a súa propia produtora, Piruletaymedia, xunto con outros compañeiros de profesión e amigos, cos que empeza a meterse no mundo dos documentais. Piruleta colaborou con Cuatro e Plural Entertaiment en producións como Emilio Rodríguez Menéndez: El fugitivo, Marta del Castillo y Mariluz: retrato de una obsesión ou o recentemente estreado Descubridores por la ruta de Balboa.