XXXIII SEMANA INTERNACIONAL DE CINE DE AUTOR
Unha vez máis Achádego dotará de fantasía e humor a nosa cidade amurallada e animará as nosas
rúas dando vida a personaxes de toda clase e talante: gágsters de pacotilla, Audry Hepburn,
Marilyn, zombies corteses, o Joker, o gordo e o fraco, Charlot, Stanley e Oli…
O grupo teatral Achádego nace en Lugo no ano 1988 cando Tareixa Campos, directora e actriz,
recibe a encomenda de conmemorar o 40 Aniversario da Declaración Universal dos Dereitos
Humanos. Máis de 20 anos despois, este grupo contou coa colaboración de arredor de 50 actores e
colaborou con programas da televisión galega, espectáculos de rúa e enriba do escenario, onde
representou e segue a representar innumerables obras dos máis aclamados escritores galegos e
estranxeiros. Un grupo de afeccionados moi profesionais, que ensaian despois do traballo, que non
cobran máis que para o sufraxio de gastos, pertencentes a diferentes xeracións e cunha devoción
conxunta: o bo teatro.
A continuación, a programación de Achádego para a XXXIII Internacional de Cine de Autor:
Luns 19
13 h. Audrey Hepburn pasea polas xoierías de Lugo.
18:45 h. Marilyn tomará un cosmopolitan nas terrazas da Praza Maior.
22:30 h. Gánsters de pacotilla na entrada do Auditorio Gustavo Freire.
Martes 20
18:15 h. Joker e os seus secuaces tomarán a Praza Maior e a Deputación.
Marilyn dará un paseo pola muralla e buscará a Audrey, coa que quere manter
unha conversa sobre diamantes.
22:30 h. No auditorio Gustavo Freire o Joker porá a proba o sangue frío dos asistentes.
Mércores 21
18.15 h. Ata a Praza Maior quedará pampa ao ver a dous homes vestidos de mulleres
para lograr traballar como músicos…Unhas pernas meteranse no medio.
22:30 h. Na entrada do Auditorio uns zombis moi amables atenderán ao público
asistente. ¿Unha tapiña de sesos?
Xoves 22
18:15 h. Polas xoierías de Lugo Audrey e Blake Edwards rodarán planos da
súa peli “Os diamantes dixestivos”.
22:30 h. Charlot fará a súa entrada polo patio de butacas do Auditorio
Gustavo Freire.
Venres 23
18:30 h. O gordo e o fraco moverán as cadeiras pola Praza Maior, rúa Raíña, San
Marcos…E con el!
22:30 h. Na entrada do Auditorio Gustavo Freire, desencaixaranse as cadeiras con
Stanley e Oli, de seguro!
Alma Sánchez
Xefa de Prensa
Semana Internacional de Cine de Autor