LA CUÑADITA
España (2015). 6 minutos.
Director: Víctor Barrera Rodríguez.
Julio, que vai en coche á casa dos seus sogros ver á súa noiva, ve que na casa non hai ninguén máis ca súa cuñada, a irmá menor da súa noiva, que lle ten unha sorpresa.
LA ÚLTIMA PARTIDA
España (2016). 14 minutos.
Director: Pere Soles e David Gimbernat.
Intérpretes: Mara Martínez e María Molins.
Unha traballadora dunha empresa é despedida polo seu estrafalario e déspota xefe. Lonxe de baixar a cabeza e conformarse, a moza rebélase contra o destino e obriga ao dono a xogalo todo á ruleta rusa.
NIEVA (NEVICA)
Italia (2015). 19 minutos.
Director: Lu Pulici.
Intérpretes: Gina Gattei, Ferruccio Crociani e Ebano Corelli.
Pode o humor dunha persoa cambiar o tempo? O sol non ilumina o pobo desde hai 40 días. Tampouco o humor de Nina é o mesmo de sempre. O comportamento da anciá parece esconder algo máis profundo e misterioso. Incluso as persoas máis próximas a ela non conseguen entender o seu malhumor. Mentres, o ceo do pobo vólvese cada vez máis gris.
NUNCA TE OLVIDARÉ
España (2015). 8 minutos.
Director: Víctor Devesa.
Intérpretes: Emilio Gutiérrez Caba, Maribel Bayona e Victoria Enguidanos.
Un ancián recibe a visita da súa muller na residencia onde está ingresado debido a unha enfermidade.
VARADERO
España (2015). 18 minutos.
Director Benjamín Villaverde.
Intérpretes: María Guibert, Fernando Marrot e Soraya Macias.
Amparo ten un soño: vivir en Varadero.
NÚMERO OCULTO
Galicia (2016). 5 minutos. Fundación TIC.
Director: Marta Novoa.
Intérpretes: Daniel Crespo, Alberto Pájaro e Diego Cabado.
Una muller rouba un estraño puzzle que serve como portal para que a súa familia, falecida anos atrás, volva de entre os mortos.
MOUSSE
Suecia (2013). 35 minutos.
Director: John Hellberg.
Produción: Fredrik Bjelke.
Intérpretes: Stepháne Bertola, Gunnar Ernblad, Roberto González, Jonas Ahlgren, Patrik Anders Edgren, Raymond Ansbro e Viktor Friberg.
Que pode ser máis fácil que atracar unha pequena casa de apostas ás aforas da cidade? Celébrase a carreira de cabalos máis importante do ano e a casa de apostas Washington’s Tobacco parece o golpe perfecto para ganar diñeiro rápido. Mousse é un home de lei e con principios, farto de vivir coma un cidadán de segunda. Que sucede cando se enfronta a principios distintos dos seus?