Premio Comissione Internazionale dei Giornalisti no Festival de Cine de Venecia de 1946.
Nastro d’Argento á Mellor Película, Mellor Dirección e Mellor Música.
A través de seis episodios independentes un do outro, o filme de Rossellini revive o avance das tropas aliadas en Italia durante a Segunda Guerra Mundial. O rimeiro relato fala do desembarco en Sicilia, onde unha moza siciliana fraterniza cun soldado americano. Ambos son asasinados polos alemáns, pero os americanos cren que ela era unha traidora. Despois a historia lévanos a Nápoles e ten como protagonistas a un soldado de color e un neno da rúa napolitano que lle rouba os zapatos.