Carlitos y el campo de los sueños


Sección: 
Ciclo Infantil
Día e hora: 
Sábado, 26 Setembro, 2009 - 18:00
Lugar: 
Auditorio Gustavo Freire
Idioma: 
Castelán
Título Orixinal : 
Carlitos y el campo de los sueños
País: 
España
Ano: 
2008
Duración: 
103 minutos
Director/a: 
Jesús del Cerro
Guión: 
Manuel Feijoo, Beatriz G. Cruz
Montaxe: 
Juan Carlos Jiménez González
Música: 
Emilio Aragón
Fotografía: 
Adolfo Hernández
Reparto: 
Gustavo Salmerón (Diego)
Reparto: 
Irene Visedo (Maite)
Reparto: 
José María Pou (Hipólito)
Reparto: 
Guillermo Campra (Carlitos)
Reparto: 
David Becerra (Trampas)
Sinopsis:

Ós seus doce anos, Carlitos desexa dúas cousas por riba de todo: unha familia e xogar ó fútbol. Pero é orfo, e don Hipólito, o director do orfanato onde reside, odia o deporte. O único bo do orfanato é que Carlitos comparte as súas penas, pero tamén entrañables momentos de diversión, alegría e trasnadas cos seus amigos: “Trampas”, o “conseguidor” do grupo, que sempre ten unha solución na manga para calquera problema, o “Seta”, todo inxenuidade, pero un amigo para toda a vida, e “a Fraca”, a moza do grupo, que é a única que ten os pés na terra e sempre baixa das nubes ós seus amigos. Ademais está Anita, unha nena doce e preciosa, de cuxa man Carlitos descubrirá o xénero feminino e un incipiente primeiro amor. A sorte de Carlitos cambiará cando a Federación Nacional de Fútbol organice un concurso para formar a selección que xogará no Campionato Europeo Junior. Carlitos, coa axuda do seu grupo de amigos, apañarase para acudir ás probas e, grazas ao seu talento, ¡será convocado para xogar coa selección! O que en principio parece unha alegría converterase nunha carreira de obstáculos: fuxir do orfanato sen ser visto, adestrar ás agachadas, seguir aprobando os exames... Pero Carlitos ten da súa parte a Diego, o seu adestrador e amigo, que o guiará para facer realidade os seus sonos.

É a primeira largometraxe dirixida por Jesús del Cerro que traballou nas series de televisión Médico de familia, Policía, en el corazón de la calle, Compañeros ou Un paso adelante. O neno é Guillermo Campra, nacido o 11 de marzo de 1997, que comezou a súa andadura no mundo da imaxe a través da publicidade. Acompáñanos no reparto Miliki e o capitán do Real Madrid, Raúl González, no papel de xuíz seleccionador dos compoñentes do equipo que xogará no Campionato Europeo Junior.