Carne de cañón


Sección: 
Cine Galego
Día e hora: 
Venres, 25 Setembro, 2009 - 20:00
Lugar: 
Deputación Provincial
Idioma: 
Galego
Ano: 
2006
Duración: 
8 minutos
Género: 
Animación
Director/a: 
Darío Fernández Ignacio
Producción: 
Darío Fernández Ignacio
Guión: 
Darío Fernández Ignacio, José Enrique Fernández González
Montaxe: 
Darío Fernández Ignacio
Música: 
Manuel Riveiro
Sinopsis:

Atílano, percebeiro de Fisterra, cae preso dun galeón francés. Os franceses lévano, xunto con máis escravos, a unha colonia nunha illa no mar do Caribe. O imperio francés explota os recursos naturais da illa e utiliza os escravos para traballar nunha mina de ouro. Os indíxenas da illa ven como os colonizadores franceses se van convertendo nunha ameaza para eles. A súa preocupación vai medrando, ata que nunha reunión, a tribo toma a decisión de atacar aos soldados franceses. O ataque lévase a cabo no medio da xungla cando soldados e máis escravos volven da mina cargados de ouro. No medio da matanza, Atílano foxe a través do bosque, esquivando os perigos da salvaxe natureza, e chega ao peirao da fortaleza francesa. Alí consegue facerse cun barco e pon rumbo de volta cara á súa terra.