El caballo de dos piernas


Sección: 
Sección Oficial
Día e hora: 
Xoves, 24 Setembro, 2009 - 23:00
Lugar: 
Auditorio Gustavo Freire
Idioma: 
Castelán
Título Orixinal : 
Asbe du-pa
País: 
Irán
Ano: 
2008
Duración: 
101 minutos
Director/a: 
Samira Makhmalbaf
Guión: 
Mohsen Makhmalbaf
Montaxe: 
Mohsen Makhmalbaf
Música: 
Tolibhon Shakhidi
Fotografía: 
Farzad Jadat
Reparto: 
Ziya Mirza Mohamad
Reparto: 
Haron Ahad
Reparto: 
Gol Gotai Karimi
Reparto: 
Khojeh Nader
Reparto: 
Yasin Tavildar
Outros datos de interés:

Conseguiu o Premio Especial do Xurado no Festival de Cine de San Sebastián.

Sinopsis:

Un home da cidade chega a un pobo moi pobre e ofrece traballo a un mozo campesiño. Pero antes de conseguir o posto, deberá competir con outros mozos para saber quen é capaz de levar a un neno ó que unha mina lle voou as pernas. O mozo campesiño gaña. Por un dólar diario leva a súa carga ó colexio, botando carreiras cos burros na rúa; baña ó neno, xoga con el, pero o pequeno eivado quere que o seu pai lle compre un cabalo de verdade. Non quere outro mozo.

Dirixe a cineasta iraniana Samira Makhmalbaf (Teherán, Irán, 1980), filla do cineasta Mohsen Makhmalbaf. Cando tiña oito anos, participou na película do seu pai The Cyclist. Entre 1994 e 1997, realizou os seus estudos de cine nunha escola privada onde fixo dúas curtas: Desert e Painting Schools (documental). En 1997, traballou como axudante de dirección en El silencio. A súa filmografía como directora complétase con La manzana (1998), La pizarra (2000), un dos episodios de 11.09.01 e A las cinco de la tarde (2005).