O señor Septime dirixe o seu luxoso restaurante cunha disciplina case militar. A visita dun xefe de estado suramericano fará que o hotel se mobilice na súa honra e preparan un prato especial para el: a “Pirámide ao Septime”. No momento da aparición do prato, o presidente Novalés desaparece. Septime atópase nese momento nunha situación delicada: o comisario sospeita del e é acosado polo secretario do presidente. Louis de Funés, protagonista doutros títulos como Fantomas ou La Gran Juerga, interpreta de novo a un excéntrico dono hoteleiro.