El patito feo y yo


Sección: 
Ciclo Infantil
Día e hora: 
Xoves, 24 Setembro, 2009 - 18:00
Lugar: 
Auditorio Gustavo Freire
Idioma: 
Castelán
Título Orixinal : 
The ugly duckling and me!
País: 
Francia-Alemaña-Irlanda-Reino Unido-Dinamarca
Ano: 
2006
Duración: 
85 minutos
Director/a: 
Michael Hegner, Karsten Kiilerich
Guión: 
Mark Hodkinson
Montaxe: 
Thorbjorn Christoffersen, Virgil Kastrup, Per Risager
Música: 
Jacob Groth
Reparto: 
Morgan Jones (Voz de Ratso & Frank)
Reparto: 
Paul Tylak (Voz de Wesley)
Reparto: 
Anna Olson (Voz de Phyllis)
Reparto: 
Gary Hetzle (Voz de Stan)
Reparto: 
Danna Davis (Voz de Pollos)
Sinopsis:

Esta é a historia do Patiño Feo e a súa nai, Ratso. En realidade, así é como o Patiño Feo o chama... porque en realidade el é o seu pai, aínda que... tampouco é certo de todo. O que sucedeu é que cando o Patiño Feo saíu da casca, a primeira persoa á que viu foi a Ratso, e el sentiuse responsable de ocuparse do pequeno. Ademais, ¿que clase de pai sería se rexeitara ó seu fillo, a pesares de chamalo “mamá”? ¿confuso? ese é Ratso. O día a día é duro, intentan levar comida ó prato mentres foxen das bandas de ratas da cidade, das hostís aves de curral... A vida non é fácil, calquera patiño feo podería confirmarcho.

Dirixe Michael Hegner (Dinamarca, 1964), que comezou a súa carreira como auxiliar de animación na serie de televisión Quark (1987-88). Despois realizou spots publicitarios para Lego, Fazer, Carlsberg, Coca-Cola e Tuborg. A súa primeira película de animación chegou cando codirixiu ¡Socorro, soy un pez! (2000). Anteriormente exercera como animador en películas como Jack, rey del amazonas.