El pequeño Nicolás


Sección: 
Ciclo Infantil
Día e hora: 
Mércores, 29 Setembro, 2010 - 18:00
Lugar: 
Auditorio Gustavo Freire
Idioma: 
Castelán
Título Orixinal : 
Le petit Nicolas
País: 
Francia
Ano: 
2010
Duración: 
91 minutos
Director/a: 
Laurent Tirard
Guión: 
Alain Chabat, René Goscinny, Laurent Tirard
Montaxe: 
Valérie Deseine
Música: 
Klaus Badelt
Fotografía: 
Denis Rouden
Reparto: 
Maxime Godart (Nicolas)
Reparto: 
Valérie Lemercier (Madre)
Reparto: 
Sandrine Kiberlain (Maestra)
Reparto: 
François-Xavier Demaison (El Caldo)
Sinopsis:

Nicolás leva unha vida tranquila. Ten uns pais que o queren, unha panda de amigos “fenómenos” cos que se divirte moitísimo e non ten ningunha gana de que cambien as cousas. Pero un día, Nicolás escoita unha conversa entre os seus pais e faille pensar que a súa nai está embarazada. Éntralle o pánico e ponse no peor: pronto chegará un irmán que  ocupará tanto espazo que os seus pais xa non poderán ocuparse del e acabarán incluso abandonándoo no bosque como a Pulgarcito.

Dirixe Laurent Tirard (Francia, 1967), cuxa filmografía se completa con Mensonges et trahisons et plus si affinités... (2004), La pause (2005), À consommer froid de préférence (2005), o segmento La pause, de Tête de gondole (2005) e Las   aventuras amorosas del joven Molière (2007). Estudou Cinematografía na Universidade de Nova York antes de traballar como lector de guións para Warner Bros en Los Ángeles e como xornalista para Studio Magazine. Entrevistou a realizadores como Woody Allen, Martin Scorsese, Jean-Luc Godard ou os irmáns Cohen para Lecciones de Cine, publicado en Francia, Estados Unidos, Canadá, Inglaterra, Italia, España e Brasil. Traballou como guionista na televisión francesa (dous telefilmes e unha serie para a cadea M6, dous telefilmes para TF1 e un para France 2) e para o cine (El mejor día de mi vida e Prête-moi ta main). Despois de dirixir dúas curtas (De source sûre, en 1999, e Demain est un autre jour, en 2000), realizou a súa primeira longametraxe en 2004.