Deseño de produción: Dan Toader e Yoel Herzberg.
Vestiario: Li Alembik e Adina Bucur.
2010 - Festival de Cine de Valladolid - Mellor música.
O director de recursos humanos da maior panadería de Xerusalén ten problemas. Separouse da súa muller, distanciouse da súa filla e está atrapado nun traballo que odia. Cando unha empregada estranxeira da panadería morre nun atentado suicida, un diario local acusa á empresa de falta de humanidade e indiferenza. Descóbrese que ninguén na panadería se decatara da ausencia da muller. A dona da panadería manda ao director de Recursos Humanos a unha misión para enderezar a imaxe da empresa. Así empeza un longo periplo desde as místicas rúas de Xerusalén como punto de partida ata as xeadas rúas de Romanía en busca do pobo de Yulia, unha muller á que non coñecía, pero á que empeza a admirar. Encabezando un estraño grupo composto polo rebelde fillo da falecida, un xornalista pesado que “cobre” a viaxe, un vicecónsul moi peculiar, un vello condutor e un ataúde, redescubre algo da humanidade que perdera e o gusto polos “recursos humanos”.