Estómago


Sección: 
Sección Oficial
Día e hora: 
Martes, 22 Setembro, 2009 - 23:00
Lugar: 
Auditorio Gustavo Freire
Idioma: 
Castelán
Título Orixinal : 
Estômago
País: 
Brasil - Italia
Ano: 
2007
Duración: 
100 minutos
Director/a: 
Marcos Jorge
Guión: 
Fabrizio Donvito
Montaxe: 
Luca Alverdi
Música: 
Giovanni Venosta
Fotografía: 
Toca Seabra
Reparto: 
Joao Miguel (Raimoundo Nonato)
Reparto: 
Fabiula Nascimiento (Iria)
Reparto: 
Carlo Briani (Giovanni)
Reparto: 
Babu Santana (Bujiú)
Reparto: 
Zeca Cenovicz (Zulmiro)
Outros datos de interés:

Presentouse na Semana Internacional de Cine de Valladolid onde conseguiu a Espiga de Ouro á mellor película, o premio da Xuventude, así como o “Pilar Miró” ao mellor novo director e mellor actor (Joao Miguel).

 

Sinopsis:

Raimundo Nonato chega á gran cidade coa esperanza de conseguir unha vida que lle permita, no mesmo día, comer e cenar. Consigue traballo nun bar e alí descubre o seu talento innato para a cociña e, coas súas coxinhas, transforma o lugar nun local de éxito. Giovanni, dono dun coñecido restaurante italiano, intúe as dotes de cociñeiro de Nonato e cambia a súa vida ao contratalo como axudante de cociña. Así iníciase para Nonato o descubrimento da cociña italiana, das receitas, os sabores e, como non, do viño. A vida de Nonato cambia e empeza a afirmarse socialmente: unha casa, roupa, novas relacións e, sobre todo, o amor dunha muller, Iria, unha prostituta de bo apetito, coa que establece un ancestral intercambio de sexo por comida.

Dirixe Marcos Jorge, que se formou no xornalismo en Brasil en 1988. En 1989 e 1990 estudou cine en Italia e especializouse en linguaxe cinematográfica, escritura de guión e dirección de actores. Durante algúns anos traballou en Roma como axudante de dirección e montador, en longametraxes e documentais para a televisión. En 1995 trasladouse a Milán, onde se dedicou a escribir guións e a dirixir profesionalmente. Despois de vivir dez anos no estranxeiro, regresou a Brasil en 2001, onde fundou, con Claudia da Natividade, a produtora Zencrane Filmes. As súas películas, documentais e vídeos participaron en numerosos festivais nacionais e internacionais e recolleron máis de cincuenta premios. Marcos Jorge é artista plástico e vídeo instalacións súas foron expostas en Francia, Italia, Países Baixos e Xapón. Expuxo na prestixiosa Triennale de Milán e foi artista residente do CICV-Centre Internationale de Creation Video de Montbeliard, en Francia. Os seus espectáculos multimedia figuraron como eventos especiais en Invideo-Mostra Internazionale di Video D’Arte e Ricerca, de Milán e no Festival Pontino, en Italia. Nos últimos dez anos dirixiu numerosos spots publicitarios para empresas brasileñas e internacionais, cos que obtivo diversos premios, entre os que figuran os dous Profesionais do Ano da Rede Globo e dúas medallas de ouro no Festival de Nova York. A súa filmografía complétase coa longametraxe Corpos celestes (2006), codirixida con Fernando Severo.