Baseado na obra teatral de Félix Lope de Vega. O protagonista deste relato é o pobo de Fuenteovejuna, que, ofendido polo Comendador, Conde Fernán Gómez –que non se resigna a acatar as novas ordes dos Reis Católicos, Isabel e Fernando, pretendendo manter o poderío feudal-, deixa desbordar a súa cólera en sanguento asasinato. O Comendador, home soberbio e dominante, segue exercendo o dereito de pernada en Fuenteovejuna e Jacinta foi unha das súas vítimas. A próxima podería ser Laurencia, filla de Esteban, o alcalde, home austero e respectuoso cos señores, e prometida de Frondoso.