Un mozo invítanos a acompañalo na súa investigación do acontecido no seu pobo, Moaña, durante a Guerra Civil. Nunha imaxinaria viaxe no tempo, trasládase a Moaña tal e como debía ser o 18 de xullo de 1936. O mozo coñecerá cómo o golpe triunfa no pobo e o alcalde é substituído mentres nas rúas manda a Falanxe, que leva a cabo unha política represora. Aqueles feitos marcaron aos moañeses, que aínda hoxe conservan medos e rancores.