Conseguiu o Goya á mellor película hispanoamericana e o Colón de Ouro do Festival de Cine Iberoamericano de Huelva.
Santiago de Chile, en 2008. Teresa (45), Edmundo (40), Mario (25) e Patricia (27) son catro habitantes da cidade, cuxas vidas se entrecruzan en medio de bucinadas, freadas e alarmas de vehículos, pero que dificilmente chegan a tocarse. Sumidos na confusión urbana, cada un deles persigue o seu soño: Teresa, unha psicóloga que trata de salvar vidas; Edmundo, un perruqueiro que anhela ter un coche; Mario quere entrar na Filarmónica e Patricia sobrevive. Cada un deles anhela algo que parece inalcanzable. Ningún o logra, pero si que obterán un resultado inesperado.
Dirixe o chileno Andrés Wood (Santiago de Chile, 1965). Licenciado en Ciencias Económicas en 1988 pola Universidade Católica de Chile, en 1990-1991 cursou estudos de cine na Universidade de Nova York. A súa filmografía componse das películas Historias de fútbol (1997), El desquite (1999), La fiebre del loco (2001) e Machuca (2004).